A memoria do Consello Galego de Relacións Laborais trata de ser un reflexo do acontecer deste organismo no transcurso de cada ano. Dunha maneira sintética recolle o realizado nas catro áreas principais de actividade do Consello: a consultiva; a de fomento, promoción e ampliación da negociación colectiva; a de xestión do AGA; e a de fomento do debate social.
Esta publicación é o espello do noso facer diario, sendo fiel expresión da implicación dos axentes sociais no día a día deste organismo, como reitores máximos e responsables de darlle impulso.