Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Regulación e natureza xurídica

O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, e a súa primeira reunión realizouse en febreiro de 1989, en Santiago de Compostela, onde continúa a ter a súa sede.

Na actualidade, está regulado pola Lei 5/2008, do 23 de maio, publicada no DOG do 11 de xullo, que, en resposta ás demandas das entidades recoñecidas como interlocutoras sociais, modificou a súa natureza, dotándoo de personalidade xurídica e patrimonio de seu, con plena autonomía funcional para acadar os seus fins. O seu regulamento interno de organización e funcionamento aprobouse pola Resolución da Presidencia do Consello do 23 de outubro de 2008, publicada no DOG do 13 de novembro de 2008.

O Consello é un ente público de composición bipartita, único foro propio de diálogo institucional entre sindicatos e asociacións empresariais en Galicia, e o órgano consultivo e asesor da Xunta en materia laboral. Así mesmo, xoga un papel fundamental na promoción da negociación colectiva en todos os ámbitos e sectores, e na solución dos conflitos colectivos, tanto directamente, como na xestión e divulgación do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA).

A neutralidade e independencia inherentes á súa natureza e ás súas funcións reflíctense incluso na necesaria conformidade das organizacións sindicais e empresariais que integran o Pleno para o nomeamento de altos cargos do organismo.

O Consello está adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo, na actualidade a Consellería de Economía, Emprego e Industria.