Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Que é e como funciona?

Para o cumprimento das funcións atribuídas ao Consello no punto c) do artigo 3º da nova lei reguladora, créase dentro do organigrama do Consello o Observatorio Galego da Negociación Colectiva, que se configura como un órgano de carácter colexiado.

Está integrado por seis persoas, tres en representación das organizacións sindicais e tres das organizacións empresariais que integran o Pleno do Consello, ademais das persoas titulares da presidencia e da secretaría, e poderá contar coa presenza de persoas expertas sen dereito a voto así como cun asesor ou asesora por cada organización sindical e tres pola parte empresarial.

As decisións adoptanse por acordo da maioría absoluta das persoas que o integran con dereito a voto.

O Observatorio traballa na análise da negociación colectiva sectorial, contribuíndo á súa mellora tanto en contidos como na cobertura dos nosos instrumentos colectivos.

Neste sentido, o Observatorio elabora e aproba por unanimidade cláusulas tipo e recomendacións para as mesas negociadoras, responde as consultas sobre convenio aplicable presentadas por empresas e representantes sindicais e estuda a realidade galega neste ámbito para impulsar a cobertura da negociación sectorial provincial e autonómica.