Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Presentación

Unha das funcións esenciais do Consello Galego de Relacións Laborais é a de fomentar e ampliar a negociación colectiva, función esta na que non se escatiman esforzos.

Mais aló dun traballo proactivo de cara á dinamización da estrutura negocial galega, na presente páxina web ponse á disposición das persoas usuarias o único buscador de convenios colectivos sectoriais e de empresa vixentes en Galicia, os boletíns e informes de situación negocial que aproba o Observatorio Galego de Negociación Colectiva, e unha relación de cláusulas tipo e recomendacións aprobadas polos membros do Consello Galego de Relacións laborais para incorporar aos convenios colectivos na procura de maior calidade nos seus contidos.

O Consello pon a disposición das partes negociadoras de convenios as súas instalacións, medios materiais e humanos, podéndose facer reserva de salas, así como a posibilidade de consulta do convenio colectivo aplicable nunha determinada empresa ou sector, e un enlace coa plataforma dixital Regcon para o rexistro de acordos, convenios colectivos e plans de igualdade.

O Consello Galego de Relacións Laborais, a través da súa conta de X Corp., informa de xeito diario de todos os convenios sectoriais de aplicación no noso territorio publicados tanto a nivel provincial, galego ou estatal e todos os convenios de empresa que se publican no DOG e nos boletíns oficiais das catro provincias galegas, así como das novas e sentencias que inciden na negociación colectiva, todo iso buscando ser de maior utilidade ás galegas e galegos.