A Revista Galega de Dereito Social, na súa nova edición, é unha publicación científica do Consello Galego de Relacións Laborais, dirixida a difundir entre os colectivos docentes, investigadores e profesionais interesados no mundo laboral a actualidade legal, xurisprudencial e doutrinal na materia, con especial incidencia no marco galego de relacións laborais. Segue a filosofía do acceso aberto ao coñecemento xurídico, promovendo ademais a creación de textos xurídico-laborais en galego, para consolidar o seu uso técnico.