Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Persoal do CGRL

De acordo co artigo 14 da súa lei reguladora, o persoal ao servizo do Consello Galego de Relacións Laborais poderá ser funcionario ou laboral, segundo o establecido na correspondente relación de postos de traballo, e rexerase pola normativa da Comunidade autónoma en materia de persoal ao servizo da Administración publica. Actualmente, o persoal do Consello é exclusivamente persoal funcionario.

A unidade administrativa é a Secretaría Xeral, que agrupa as seguintes áreas:

  1. Área Xurídica e de Solución de Conflitos. Ten asignada como funcións principais a de apoio á secretaria xeral na análise da normativa estatal e autonómica que incida nas funcións do Consello e na elaboración de informes sobre proxectos normativos sometidos a ditame, así como a de xestionar a tramitación dos expedientes de mediación e arbitraxe que se inicien ao abeiro do AGA.
  2. Área de Negociación Colectiva. Ten encomendada a xestión do programa informático Necol e o seguimento puntual dos contidos dos convenios colectivos e revisións salariais negociadas, a elaboración periódica dos distintos informes demandados sobre a negociación colectiva en Galicia e as funcións relacionadas coa promoción e fomento da negociación colectiva (apoio ás comisións paritarias e negociadoras de distintos ámbitos e sectores).
  3. Área de Estudos, Informes e Publicacións. Asume as funcións de elaboración e coordinación dos estudos e informes que se realizan a iniciativa propia e das publicacións periódicas que edita o Consello, e as funcións de xestión da súa páxina web.
  4. Área de Xestión de Persoal, Administración e Xestión Económica. Ten encomendada a xestión de persoal, a administración do organismo e a contratación e servizos de mantemento, así como o seguimento e control do orzamento do Consello e a xestión económica e contable. Así mesmo, é a encargada da organización de cursos, seminarios e encontros de debate social.
  5. Área de Documentación e Arquivo. Xestiona a documentación técnica, as bases de datos documentais e o arquivo documental e fondo bibliográfico do Consello.