Informe sobre a situación sociolaboral de Galicia
O Informe sobre a Situación Sociolaboral de Galicia, que publica periodicamente o Consello cumprindo así co mandato especificado na súa lei de creación, vaise consolidando de ano en ano como certeiro instrumento de análise da nosa realidade sociolaboral. Polo seu esforzo compilador de datos e estatísticas das máis diversas fontes, pola minuciosidade coa que se describen e analizan os diferentes aspectos do mundo laboral galego, este estudio resulta moi atractivo, non só para os diversos profesionais da materia, senón tamén para todas aquelas persoas interesadas en coñecela.