Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Actividade do consello

ACTIVIDADES ORDINARIAS DO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS PARA O ANO 2022

O Pleno do Consello, en xuntanza telemática do 25/02/2022, aprobou, por unanimidade, as actividades a levar a cabo polo organismo no ano 2022. A relación de actividades é orientativa e pode modificarse ou ampliarse ao longo do ano por acordo da Comisión Permanente, do que se dará conta posteriormente ao Pleno.

ACTIVIDADES NA ÁREA DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA

  • Co debido respecto á autonomía das mesas negociadoras de cada convenio, ás particularidades de cada proceso negociador e ás dificultades que poidan xurdir en cada caso concreto, farase unha recomendación de axilidade na constitución das mesas de negociación dos convenios colectivos que se atopen denunciados e que corresponda negociar este ano.
  • Impulso e promoción da negociación colectiva dentro do ámbito da CA de Galicia.
  • Asistencia técnica ás mesas de negociación e comisións paritarias, de xeito especial a aquelas que teñen a súa sede neste Consello.
  • Aprobación de cláusulas tipo para incorporar na negociación colectiva, se así o acorda o Observatorio Galego de Negociación Colectiva.
  • Informes con datos sobre os convenios asinados e revisados e outros datos de interese acerca da situación da negociación colectiva galega.
  • Rexistro de convenios e acordos no REGCON que se presenten no Consello.

ACTIVIDADES NA ÁREA DE SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS DE TRABALLO (AGA)

  • Xestión dos procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo que se promovan no Consello, alternando as mediacións presenciais coas realizadas na modalidade telemática segundo os casos.
  • Finalización da fase práctica da formación para aquelas persoas mediadoras e árbitras que xa remataron coa formación teórica en 2020 e comezar a formar a novas persoas, se a Comisión Paritaria do AGA así o acorda.
  • Realización da formación específica en mediación intraxudicial dirixida ás persoas mediadoras e árbitras.

ACTIVIDADES NA ÁREA DE EMISIÓN DE DITAMES (FUNCIÓN CONSULTIVA DO CONSELLO)

  • Emisión de ditames sobre os proxectos normativos que se remitan ao Consello polos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Análise das consideracións manifestadas nos ditames polas organizacións, estudar as aceptadas pola Xunta de Galicia e as non aceptadas.

ACTIVIDADES NA ÁREA DE FOMENTO DO DEBATE SOCIAL

  • Xornadas sobre a reforma laboral.
  • Xornada en materia de pensións e xubilación, se así o acorda a Comisión Permanente.
  • Outras xornadas ao longo do ano sobre os aspectos que aprobe a Comisión Permanente.
  • Xornada en materia de igualdade de xénero, para o caso de que sexa aprobada a súa realización pola CCAINC.
  • XIX Encontro Galego de Relacións Laborais. Prevese que as circunstancias permitan a súa realización en 2022. De aprobarse esta, habería que fixar a data e o tema obxecto de debate.
  • Participación do Consello, como colaborador, en foros de debate organizados polos departamentos de Dereito do Traballo das universidades galegas ou por asociacións de ámbito laboral, previa solicitude. Proporase ao Pleno delegar na Comisión Permanente a aprobación desta colaboración en cada caso concreto, se resulta de interese a participación do Consello na actividade da que se trate, así como o importe económico da dita colaboración.

ACTIVIDADES FORMATIVAS

  • V Edición do Curso de negociación laboral, colectiva e individual, en colaboración coa Universidade de Vigo, cuxa realización foi aprobada na xuntanza da Comisión Permanente do 27 de xaneiro de 2022.
  • I Edición do Curso de formación en auditoría xurídico laboral, en colaboración coa Universidade de Santiago, cuxa realización foi aprobada na xuntanza da Comisión Permanente do 27 de xaneiro de 2022.
  • I curso de especialización en Dereito marítimo pesqueiro do Traballo e da Seguridade Social en colaboración coa UDC, cuxa realización foi aprobada pola Comisión Permanente en data 8 de setembro de 2021.
  • Seminarios formativos para cadros empresariais e sindicais, se a Comisión Permanente o acorda.

PUBLICACIÓNS

  • Memoria de actividades do ano 2021
  • Informe da situación sociolaboral de Galicia no ano 2021
  • Boletíns trimestrais de negociación colectiva e de información sociolaboral.
  • Revista Galega de Dereito Social (números 14, 15 e 16). La Comisión Permanente aprobó realizar un número extra da Revista sobre a reforma laboral. Os outros dous números publicaríanse no mes de xullo e no mes de decembro, de existir crédito axeitado no orzamento do Consello.