Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Aviso legal

Características do sitio web

O sitio web do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) ofrece información en Internet sobre a súa natureza, funcións e actividades e facilita o acceso ás bases de datos de convenios colectivos, á xestión do AGA (Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo), aos ditames emitidos e ás publicacións editadas. Así mesmo, no apartado de Novas dá información puntual sobre aquela actividade que considera de interese para as usuarias e os usuarios e para o público en xeral.

O CGRL tamén ofrece acceso a outros recursos, como normativa e xurisprudencia, e a ligazóns a páxinas web de terceiros. Cando o CGRL facilita ligazóns a terceiros con sitios web públicos o fai unicamente a título informativo, xa que entende útil o enlace. O CGRL elude calquera responsabilidade sobre os contidos enlazados e o uso que se lles dea, sendo obriga do usuario ou usuaria o sometemento ás normas específicas que puidese ter o sitio consultado.

Propiedade intelectual

O CGRL é o titular do dominio www.cgrl.gal.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos elementos nel contidos pertencen ao CGRL.

Os contidos e documentos obtidos deste sitio web sométense ás normas habituais de citación para traballos científicos e técnicos.

Privacidade e protección de datos persoais

A política de privacidade baséase en solicitar só os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos da web ás súas usuarias e usuarios.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realicen a través da web estarán suxeitos ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e ao resto da normativa de aplicación.

Os datos que se recollan das usuarias e usuarios da web (a través de caixas de correo e/ou formularios de contacto ou suxestións e similares) tratáranse informaticamente e arquivaranse co consentimento das persoas interesadas, que teñen dereito a decidir quen pode ter os seus datos, a saber para que os usa, a solicitar que sexan exactos e que se empreguen para o fin co que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente. Os servizos do CGRL encargados de responder ás consultas que lles fagan as usuarias y usuarios atenderán a finalidade dos datos recollidos e a política de privacidade, sen divulgar os datos para outros fins.