Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Competencias

As competencias do Consello Galego de Relacións Laborais están reguladas no artigo 3 da Lei 5/2008 e no artigo 10 do regulamento interno de organización e funcionamento do organismo, e se relacionan a continuación:

  • Elaborar e remitirlles, por propia iniciativa, estudos e informes aos departamentos da Administración autonómica e de calquera outra institución da comunidade autónoma e formularlles propostas en materia de política laboral.
  • Emitir ditames sobre os proxectos normativos dos organismos e departamentos da Administración autonómica e doutras institucións da comunidade autónoma en materia laboral, que lle serán solicitados preceptivamente.
  • Fomentar e ampliar a negociación colectiva dentro do respecto ao principio de autonomía colectiva consagrado no artigo 37.1 da Constitución española e impulsar unha axeitada estrutura dos convenios, nos ámbitos territorial e sectorial.
  • Preparar e redactar propostas relativas a acordos laborais e recomendar a súa aplicación ás organizacións empresariais e sindicais.
  • Desenvolver as actuacións que considere necesarias para acadar o acordo marco interprofesional sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, previsto na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
  • Promover e facilitar a mediación e arbitraxe previstos nos conflitos laborais, por pedimento das partes interesadas. Para tal fin poderá efectuar propostas, recomendacións e ofrecemento de arbitraxes ou mediacións, en especial respecto dos conflitos de ampla repercusión na comunidade autónoma.
  • Ter información actualizada do desenvolvemento do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos do traballo (AGA), así como controlar o seu funcionamento e impulsar a súa ampliación.
  • Promover a creación de comisións paritarias, nos diversos ámbitos de negociación colectiva, coa composición e as competencias que o Pleno determine.
  • Solicitar e recibir dos órganos competentes da Administración autonómica e de calquera outra institución da comunidade autónoma canta información precise para o desempeño das súas funcións.
  • Xestionar os acordos que lles sexan encomendados polas entidades recoñecidas como interlocutoras sociais.
  • Desenvolver as funcións que o Real decreto 718/2005, do 20 de xuño, polo que se aproba o procedemento de extensión de convenios colectivos, establece nos artigos 6 e 7.2º.
  • Aprobar o informe anual sobre a situación sociolaboral da comunidade autónoma e a memoria anual sobre a actuación do Consello.
  • Aprobar o orzamento do Consello para cada exercicio.
  • Promover a participación en conferencias ou congresos de interese laboral, así como nas iniciativas de estudos, debates etc., vinculados coa difusión de cuestións relacionadas co dereito laboral.
  • Aprobar a creación das comisións de traballo e as súas competencias.
  • Aprobar a planificación anual de actividades do Consello.
  • Examinar o desenvolvemento das relacións laborais en Galicia e propoñer medidas que contribúan á súa mellora.
  • Aqueloutras funcións asignadas ao Consello, non atribuídas expresamente a outro órgano no Regulamento de funcionamento interno do organismo.