Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Publicación do informe “O dereito de negociación colectiva no traballo doméstico. Un estudo comparado con Alemaña, Francia, Italia, Portugal e co Reino Unido”

O Consello Galego de Relacións Laborais ven de publicar o informe “O dereito de negociación colectiva no traballo doméstico. Un estudo comparado con Alemaña, Francia, Italia, Portugal e co Reino Unido”, cuxos autores foron os docentes da Universidade da Coruña Alberto Arufe, Xosé Manuel Carril, Jesús Martínez e Iván Vizcaíno, todos eles membros da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social desta institución académica.

Xornada sobre “Os permisos de conciliación da vida familiar e laboral”, o vindeiro 22 de marzo en Vigo

O Consello Galego de Relacións Laborais realiza esta xornada en colaboración coa Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo. Podes consultar a información máis relevante na seguinte ligazón Os permisos de conciliacion da vida familiar e laboral

II edición do “Curso de formación en saúde laboral e condicións de traballo” na USC.

O Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela ofertan a II edición do Curso de formación en saúde laboral e condicións de traballo.

O curso impartirase do 13 de marzo ao 21 de maio de 2024.

Prazo de preinscrición do 26/3/24 ao 5/3/24

Prazo de matrícula do 01/3/24 ao 6/3/24

Pódese consultar a información na seguinte ligazón: curso de formacion 

Curso de “Habilidades brandas (soft skills)”, organizado pola Escola de Relacións Laborais de Lugo, coa colaboración do Consello Galego de Relacións Laborais

O Consello Galego de Relacións Laborais presta a súa colaboración na realización do curso de “Habilidades brandas (Soft skills)”, que organiza a Escola de Relacións Laborais de Lugo. Para máis información: Habilidades brandas (Soft skills)

19 - RECENSIÓN DO LIBRO "DERECHO, ECONOMÍA Y DIGITALIZACIÓN: EL IMPACTO DE LA INTELIGENCIA ARTIFICIAL, LOS ALGORITMOS Y LA ROBÓTICA SOBRE EL EMPLEO Y LAS CONDICIONES DE TRABAJO"

Enviado o Mar, 16/01/2024 - 13:40

Recensión do libro: PÉREZ DEL PRADO, D., "Derecho, Economía y Digitalización: El impacto de la inteligencia artificial, los algoritmos y la robótica sobre el empleo y las condiciones de trabajo", Tirant lo Blanch (Valencia, 2023), 231 páxinas.