A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
19 - A PROTECCIÓN DOS DEREITOS SOCIAIS POLO TRIBUNAL EUROPEO DE DEREITOS HUMANOS: A CONSTRUCIÓN DUNS PRINCIPIOS ESENCIAIS EN MATERIA SOCIAL
Hoxe en día, a distinción estrita entre dereitos civís e políticos e dereitos sociais e económicos perdeu sentido. Os dereitos humanos están estreitamente interconectados e exercen unha recíproca influencia os uns nos outros. Deféndese o carácter universal, indivisible e interdependente dos dereitos humanos xa sexan civís e políticos ou económicos, sociais e culturais. Ao ser os dereitos humanos civiles ou sociais indivisibles, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, ainda que solo debe protexer os primeiros, desenvolveu unha xurisprudenza na que terminou extraendo un contido social. O propio TEDH recoñeceu a prolongación na orde económica e social dos dereitos civís e políticos recoñecidos no CEDH.
19 - A ASISTENCIA PERSOAL: UNHA PROPOSTA Á LUZ DOS POSTULADOS DO MOVEMENTO DE VIDA INDEPENDENTE
O obxecto deste traballo é analizar como se foi implementando a figura do asistente persoal no noso ordenamiento xurídico. A Convención de dereitos e liberdades de personas con discapacidade no ámbito internacional e a Lei 39/2006, de promoción da autonomía persoal e protección á dependencia, no ámbito nacional inclúen a filosofía do Movemento de Vida Independente para abordar a discapacidade, así como a dependencia. O noso ordenamiento xurídico prevé a posibilidade de cofinanciar a contratación de asistencia persoal a través dunha prestación de carácter económico e ata o mnomento son maioritarios os estudos nos que o obxecto de análise é o réxime xurídico da devandita prestación e como se foi desenvolvendo nas diferentes comuinidades autónomas. Ao longo das seguintes páxinas analizarase, en cambio, outro aspecto ata o de agora menos estudado cal é a relación xurídica que se establece entre quen presta o serzo de asistencia e quen o recibe. É preciso cualificar dita relación porque diso dependerán os dereitos e obrigacións susceptibles de ser esixidas ás partes e tamén o é analizar se as fórmulas coas que contamos están aliñadas cos postulados do Movemento de Vida Indpendente e en consecuencia coa idea de autonomía persoal.
19 - O CONTRATO ALEMÁN DE COALICIÓN DE GOBERNO DE 2021, ENTRE O PARTIDO SOCIALDEMÓCRATA DE ALEMAÑA, OS VERDES E O PARTIDO DEMÓCRATA LIBERAL, E O SEU CONTIDO LABORAL. ANÁLISE COMPARADA E TRADUCIÓN PARCIAL AO CASTELÁN
En 2021, tras as eleccións federais desea no, formouse en Alemaña unha nova coalición de goberno, entre o Partido Socialdemócrata de Alemaña, os Verdes e o Partido Demócrata Liberal, que puxo fin a dezaseis anos de goberno (sempre en coalición) liderado pola Chanceler Angela Merkel. Como é habitual no devandito gran país, a coalición de goberno susténtase nun contrato asinado polos partidos políticos implicados. Este traballo pon o acento no contido laboral do devandito contrato de coalición, analizándoo tamén dende unha particular perspectiva comparada española.
19 - CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL
Notas sobre as sentenzas más destacadas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en materia de dereito individual do traballo ditadas no primeiro semestre de 2023.
19 - CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO
Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito colectivo do traballo ditadas no primeiro semestre de 2023.
19 - CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en materia de dereito da seguridade social ditadas no primeiro semestre de 2023.
19 - RECENSIÓN DO LIBRO "CONDICIONES DE TRABAJO TRANSPARENTES Y PREVISIBLES. DESAFÍOS PARA EL DERECHO ESPAÑOL EN LA TRANSPOSICIÓN DE LA DIRECTIVA (UE) 2019/1158"
Recensión do libro: MIRANDA BOTO, J.Mª., "Condiciones de trabajo transparentes y previsibles. Desafíos para el Derecho español en la transposición de la Directiva (UE) 2019/1152", Tirant lo Blanch (Valencia, 2023), 319 páxinas.
19 - RECENSIÓN DO LIBRO "LA DESIGUALDAD POR RAZÓN DE SEXO Y GÉNERO EN EL DEPORTE PROFESIONAL. UNA PERSPECTIVA JURÍDICO-LABORAL"
Recensión do libro: MARÍN MALO, M., "La desigualdad por razón de sexo y género en el deporte profesional. Una perspectiva jurídico-laboral", Colex. Colección Cuestiones Actuales de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social (A Coruña, 2023), 212 páxinas.
19 - RECENSIÓN DO LIBRO "LOS LIBROS NORTEAMERICANOS SOBRE LOS JUECES DE LA CORTE SUPREMA DE LOS ESTADOS UNIDOS. POR LA SENDA DE LOS ESTADOS UNIDOS EN SUS LIBROS"
Recensión do libro: ARUFE VARELA, A. Y MARTÍNEZ GIRÓN, J., Prólogo: CASAS BAAMONDE, Mª.E., "Los libros norteamericanos sobre los jueces de la Corte Suprema de los Estados Unidos. Por la senda de los Estados Unidos en sus libros", Atelier (Barcelona, 2023), 249 páxinas.
19 - RECENSIÓN DO LIBRO "DERECHO, ECONOMÍA Y DIGITALIZACIÓN: EL IMPACTO DE LA INTELIGENCIA ARTIFICIAL, LOS ALGORITMOS Y LA ROBÓTICA SOBRE EL EMPLEO Y LAS CONDICIONES DE TRABAJO"
Recensión do libro: PÉREZ DEL PRADO, D., "Derecho, Economía y Digitalización: El impacto de la inteligencia artificial, los algoritmos y la robótica sobre el empleo y las condiciones de trabajo", Tirant lo Blanch (Valencia, 2023), 231 páxinas.
19 - OBSERVATORIO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA. 2º SEMESTRE 2023
Observatorio de negociación colectiva en Galicia correspondente ao 2º semestre de 2023.