Ditame 35/20
I. ANTECEDENTES
En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de Formación para o Emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios de 2021 e 2022, da Consellería de Emprego e Igualdade, con data de rexistro de entrada neste Consello o 14 de decembro de 2020, e para o efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello p
O día 27 de novembro de 2020 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Subdirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade, que achega o proxecto de Orde pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2021. Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.