Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada sobre “A formación profesional dual na empresa”, o vindeiro 27 de novembro en Ferrol

O Consello Galego de Relacións Laborais realiza esta xornada en colaboración coa Facultad de Ciencias do Traballo de Ferrol e o Colexio de graduadas e graduados sociais da Coruña e Ourense. Podes consultar a información máis salientable na seguinte ligazón: a formación profesional dual na empresa

Estreamos unha páxina web temporal para o XIX Encontro Galego de Relacións Laborais

Estreamos nova páxina web! Con ocasión da celebración do noso XIX Encontro Galego de Relacións Laborais, creamos un novo recuncho temporal no que poder ampliar toda esa información -e acceder a moita máis- sobre a nosa xornada. Cun deseño ‘responsive’ adaptado a todos os dispositivos. Rápida e intuitiva. Xa podes visitala na seguinte ligazón https://encontrogalegorrll.com/  

Xornada sobre “Descentralización produtiva e novas estruturas empresariais”, o vindeiro 25 de outubro en Ourense

O Consello Galego de Relacións Laborais realiza esta xornada en colaboración coa Facultade de Dereito de Ourense e o Colexio de graduadas e graduados sociais da Coruña e Ourense. Podes consultar a información máis relevante na seguinte ligazón: descentralización produtiva e novas estruturas empresariais