Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 9 (2019)

Enviado o Mér, 27/09/2023 - 15:16

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

TRIBUNA

09-ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS 09-DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:13
ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS NORMATIVOS, INAPLICACIÓN DE PRECEPTOS E INTERPRETACIÓNS CONFORMES

Os fallos do Tribunal de Xustiza que resolven cuestións prexudiciais formuladas en preitos nos que as normas nacionais aplicables deben responder a unha transposición e interpretación apropiadas das normas da Unión reguladoras das materias propias da política social amplifican, sen dúbida, a repercusión do Dereito Social da Unión sobre o Dereito do Traballo de cada un dos Estados membros. Esa amplificación é tanto maior canto máis alto sexa o número dos indicados fallos, principalmente daqueles con orixe en cuestións prexudiciais formuladas polos órganos xurisdicionais do Estado membro de que se trate. No caso de España, a amplificación é superior á que cabe apreciar noutros Estados membros. Isto é así como consecuencia do espectacular aumento das cuestións prexudiciais elevadas polos xuíces e tribunais. Os órganos xurisdicionais españois convertéronse nos máis activos dos Estados membros na formulación de cuestións prexudiciais en asuntos do tipo dos aquí contemplados. Para ser máis exactos, uns poucos xuíces e tribunais fixeron que os órganos xurisdicionais españois sexan os máis activos, dando lugar a un elevado número de fallos do Tribunal de Xustiza sobre un variado conxunto de materias respecto das cales é preciso que a normativa laboral española de aplicación corresponda a unha transposición e interpretación apropiadas das normas a través das cales a Unión exerce as súas competencias de política social.

Autor
Francisco Javier Gárate Castro
9-73
Palabras chave
Decisións prexudiciais
Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza
Política social da Unión Europea
Supremacía do dereito da Unión
DOUTRINA

09-TRABALLO A TEMPO PARCIAL E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO: CONSECUENCIAS DENDE A PERSPECTIVA DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
TRABALLO A TEMPO PARCIAL E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO: CONSECUENCIAS DENDE A PERSPECTIVA DA SEGURIDADE SOCIAL

No período recente a conflitividade acerca do cómputo dos períodos de cotización para o acceso ás prestacións da Seguridade Social respecto das persoas que desenvolven a súa actividade a tempo parcial alcanzou un gran protagonismo, en boa parte pola acción directa do TXUE. Analízanse no presente estudo os pronunciamentos recaídos e a súa incidencia interna.

Autor
Francisco Javier Hierro Hierro
75-123
Palabras chave
Desemprego
Xubilación
Discriminación por razón de xénero
Traballo a tempo parcial

09-PRIVACIDADE E DATOS PERSOAIS DOS TRABALLADORES: CONVERXENCIA DAS SOLUCIÓNS LEXISLATIVAS E XURISPRUDENCIAIS EN EUROPA

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
PRIVACIDADE E DATOS PERSOAIS DOS TRABALLADORES: CONVERXENCIA DAS SOLUCIÓNS LEXISLATIVAS E XURISPRUDENCIAIS EN EUROPA

Os traballadores tamén teñen dereito a que na súa relación laboral se respecte a súa vida privada e se protexan os seus datos persoais. Como se fose unha carreira fronte a unhas tecnoloxías cada vez máis invasivas, a lexislación e, en particular, a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza da Unión Europea están a achegar solucións. A lexislación europea, especialmente a partir da aplicación do Regulamento xeral de protección de datos, resulta de gran importancia e así se deduce da aprobación de leis nacionais complementarias. Na aplicación deste marco normativo, integrado por normas europeas e nacionais, os tribunais deben ter en conta esta retroalimentación entre lexislación e xurisprudencia nun ámbito onde se deixa en mans dos xuíces a tarefa de garantir adecuadamente o equilibrio dos dereitos en xogo do traballador e do empregador.

Autor
David Ordoñez Solis
125-154
Palabras chave
Novas tecnoloxías
Empregador
Traballador
Dereito á vida privada
Dereito á protección de datos
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, Tribunal de Xustiza da Unión Europea, tribunais nacionais

09-CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE NO ORDENAMENTO XURÍDICO COMUNITARIO

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE NO ORDENAMENTO XURÍDICO COMUNITARIO

A Directiva 2019/1158/UE supón un respaldo para as políticas de conciliación no ámbito comunitario e busca aliñarse coa evolución social e xurídica que esta cuestión experimentou nos Estados membros. Con apoio na xurisprudencia do TXUE, a norma formula os dereitos de conciliación dende unha perspectiva máis ampla, que engloba tarefas de coidado de fillos, maiores e dependentes. E articula a protección a partir de dous fíos condutores: o fomento da corresponsabilidade nas tarefas de coidado e a articulación de fórmulas de traballo flexible.

Autor
Maria José López Álvarez
155-188
Palabras chave
Conciliación
Corresponsabilidade
Traballo flexible

09-CONCILIACIÓN, RÉXIME DE QUENDAS E ADAPTACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
CONCILIACIÓN, RÉXIME DE QUENDAS E ADAPTACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

Acábase de producir un esperado cambio normativo en materia de conciliación da vida familiar e laboral: no Dereito da Unión, a Directiva 2019/1158, do 20 de xuño, e no ordenamento xurídico laboral español, o Real decreto-lei 6/2019, de 1 marzo. Entre outros, as dúas normas implican cambios na regulación do dereito para solicitar a adaptación e a flexibilización da xornada, que parece traducirse xa nun dereito que debe atender o empresario. Namentres, o TXUE acaba de resolver unha cuestión prexudicial sobre esta materia conforme a normativa recentemente derrogada, polo que é difícil prever o impacto que poida ter.

Autor
Lucía Dans Álvarez de Sotomayor
189-214
Palabras chave
Conciliación da vida familiar e laboral
Adaptación da xornada
Redución de xornada

09-DOUTRINA DO TX SOBRE DISCRIMINACIÓN POR ASOCIACIÓN E O SEU IMPACTO NA NOSA XURISPRUDENCIA

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
DOUTRINA DO TX SOBRE DISCRIMINACIÓN POR ASOCIACIÓN E O SEU IMPACTO NA NOSA XURISPRUDENCIA

Dende que no ano 2015 o TX consagrou o concepto de discriminación por asociación, confirmado despois no ano 2017, a nosa lexislación recolleu expresamente o devandito concepto en relación coa discapacidade. Así mesmo, os nosos tribunais tamén se pronunciaron en diversas ocasións sobre a existencia deste tipo de discriminación en supostos non sempre relacionados coa discapacidade ou a etnia. Neste traballo recollemos os principais elementos da doutrina do Tribunal de Xustiza sobre o tema e analizamos o impacto que tivo na nosa xurisprudencia.

Autor
Teresa Velasco Portero
215-227
Palabras chave
Discriminación por asociación
Xurisprudencia

09-GARANTÍA DE INDEMNIDADE E TUTELA ANTIDISCRIMINATORIA. UNHA PROPOSTA DE ESTUDO DENDE O DEREITO SOCIAL EUROPEO

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:12
GARANTÍA DE INDEMNIDADE E TUTELA ANTIDISCRIMINATORIA. UNHA PROPOSTA DE ESTUDO DENDE O DEREITO SOCIAL EUROPEO

O presente artigo pretende profundar, dende unha perspectiva concreta, o tema da garantía de indemnidade, é dicir a protección do traballador fronte ás represalias empresariais derivadas da activación de procedementos de tutela de dereitos fundamentais. No momento no que se analiza o contexto xurídico no que se desenvolve a conexión entre a tutela xudicial efectiva e a garantía de indemnidade, aparece claro que a dimensión propia da tutela antidiscriminatoria (evolucionada, en gran medida, ao amparo do dereito da Unión Europa) funciona como un elemento central de matización e definición. Nese sentido, o estudo das sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, especialmente do Asunto Coote (1998) e do Asunto Hakelbrecht e outros (2019), pode proporcionar unha lectura interpretativa da configuración, normativa e xurisprudencial, da garantía de indemnidade nun contexto dun ordenamento xurídico multinivel como o actual. Iso levará a formular, para concluír, unha serie de propostas para a súa futura e posible regulación á marxe ou fóra do exclusivo espazo xurisprudencial, entendido como o espazo natural no que se desenvolveu de maneira preponderante no noso ordenamento xurídic.

Autor
Milena Bogoni
229-264
Palabras chave
Garantía de indemnidade
Igualdade de trato
Tutela antidiscriminatoria
Dereito social da UE
Tribunal de Xustiza da Unión Europea
OBSERVATORIO XURISPRUDENCIAL
RESEÑAS E RECENSIÓNS
OBSERVATORIO DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA