Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

09-ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS 09-DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:13
ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS NORMATIVOS, INAPLICACIÓN DE PRECEPTOS E INTERPRETACIÓNS CONFORMES

Os fallos do Tribunal de Xustiza que resolven cuestións prexudiciais formuladas en preitos nos que as normas nacionais aplicables deben responder a unha transposición e interpretación apropiadas das normas da Unión reguladoras das materias propias da política social amplifican, sen dúbida, a repercusión do Dereito Social da Unión sobre o Dereito do Traballo de cada un dos Estados membros. Esa amplificación é tanto maior canto máis alto sexa o número dos indicados fallos, principalmente daqueles con orixe en cuestións prexudiciais formuladas polos órganos xurisdicionais do Estado membro de que se trate. No caso de España, a amplificación é superior á que cabe apreciar noutros Estados membros. Isto é así como consecuencia do espectacular aumento das cuestións prexudiciais elevadas polos xuíces e tribunais. Os órganos xurisdicionais españois convertéronse nos máis activos dos Estados membros na formulación de cuestións prexudiciais en asuntos do tipo dos aquí contemplados. Para ser máis exactos, uns poucos xuíces e tribunais fixeron que os órganos xurisdicionais españois sexan os máis activos, dando lugar a un elevado número de fallos do Tribunal de Xustiza sobre un variado conxunto de materias respecto das cales é preciso que a normativa laboral española de aplicación corresponda a unha transposición e interpretación apropiadas das normas a través das cales a Unión exerce as súas competencias de política social.

Autor
Francisco Javier Gárate Castro
9-73
Palabras chave
Decisións prexudiciais
Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza
Política social da Unión Europea
Supremacía do dereito da Unión