Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 18 (2023)

Enviado o Mar, 19/09/2023 - 15:30

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

TRIBUNA

18-TRANSICIÓN ECOLÓXICA E EMPREGOS VERDES: UNHA VISIÓN DENDE A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Enviado o Mar, 19/09/2023 - 13:20
TRANSICIÓN ECOLÓXICA E EMPREGOS VERDES: UNHA VISIÓN DENDE A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

A loita contra o cambio climático a través das estratexias de adaptación e mitigación ten que ir acompañada de medidas de transición xusta que impidan que as repercusións negativas sexan asumidas polas persoas traballadoras. Para lograr tal obxectivo, a negociación colectiva ten que incorporar cláusulas en tal sentido. As seguintes páxinas están dedicadas a examinar criticamente as medidas adoptadas polos convenios colectivos, destacar aquelas boas prácticas e propor solucións para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta a través dos empregos verdes.

Autor
Henar Álvarez Cuesta
9-40
Palabras chave
Transición ecolóxica xusta
Empregos verdes
Negociación colectiva
ARTIGOS

18-OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 10:30
OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA

O obxectivo do presente estudo é analizar cales sonasobrigas do empresario que incorpora produtos de traballo ou sistemas de software baseados na intelixencia artificial. Para iso, realízase unha caracterización xenérica destes novos desenvolvementos tecnolóxicos e das oportunidades e retos que formulan en materia preventiva. Posteriormente, descéndese á análise de cales son as obrigas do empresario que incorpora estes novos equipos con fins produtivos, de xestión de recursos humanos ou para o cumprimento das súas obrigas preventivas. Para iso, pártese, en primeiro lugar, da normativa xeral de seguridade dos produtos e da normativa específica sobre sistemas de IA; en segundo lugar, analízanse as obrigas derivadas da normativa de protección de datos cando se introducen equipos dotados con sistemas de IA que implican un tratamento de datos; por último, estúdanse as obrigas específicas en materia de prevención de riscos laborais, profundando nas súas conexións coa nova normativa sobre IA.

Autor
Beatriz Rodríguez Sanz de Galdeano
41-74
Palabras chave
Intelixencia artificial
Seguridade do produto
Obrigas preventivas do empresario
Responsabilidade civil por produtos defectuosos

18-O DEBER DE PRESTAR AUXILIO NO MAR DENDE O PUNTO DE VISTA DO DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 11:28
O DEBER DE PRESTAR AUXILIO NO MAR DENDE O PUNTO DE VISTA DO DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL

Analízase aquí, dende o punto de vista do Dereito español doTraballo e da Seguridade Social, as implicacións laborais e de seguridade social que ten o cumprimento do deber de prestar auxilio a toda persoa que se atope en perigo de desaparecer no mar, tendo en conta que esta análise se efectúa sempre no contexto do Dereito internacional que aquí resulta de aplicación. Trátase dun deber que impacta sobre quen traballa a bordo do buque e tamén sobre a actividade económica da empresa marítimo-pesqueira, razón pola que convén non esquecer que este impacto ten consecuencias innegables (especialmente, cando se trata do rescate de persoas migrantes e refuxiadas), que poden acabar desincentivando as operacións de procura, salvamento e desembarco das persoas rescatadas. Por iso, propóñense algunhas medidas que, máis aló da imposición de sancións, pretenden facilitar e incentivar unha práctica moi nobre e solidaria, que é case tan antiga como a humanidade mesma. 

Autor
Xosé Manuel Carril Vázquez
75-99
Palabras chave
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Persoas migrantes e refuxiadas
Mar
Rescate
OBSERVATORIO XURISPRUDENCIAL

18-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 11:32
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL

Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito individual do traballo ditadas no segundo semestre de 2022.

Autor
Lidia Gil Otero
101-112
Palabras chave
Whatsapp
Desconexión dixital
Indefinido non fixo
Discriminación por parentesco
Externalización
Perspectiva de xénero

18-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:09
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO

Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito colectivo do traballo ditadas no segundo semestre de 2022.

Autor
Francisca Fernández Prol
113-132
Palabras chave
Dereito do Traballo

18-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:12
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito da seguridade social ditadas no segundo semestre de 2022.

Autor
Belén Fernández Docampo
133-148
Palabras chave
Seguridade Social
Maternidade
Xubilación
RESEÑAS E RECENSIÓNS

18-RECENSIÓN DO LIBRO "TRABAJO A DISTANCIA Y TELETRABAJO. REGULACIÓN LABORAL, PROCESAL Y DE SEGURIDAD SOCIAL; TELETRABAJO TRANSNACIONAL"

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:15
RECENSIÓN DO LIBRO "TRABAJO A DISTANCIA Y TELETRABAJO. REGULACIÓN LABORAL, PROCESAL Y DE SEGURIDAD SOCIAL; TELETRABAJO TRANSNACIONAL"

Recensión do libro: LOUSADA AROCHENA, J. F., PAZOS PÉREZ, A. y RON LATAS, R. P., "Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de seguridad social; teletrabajo transnacional", Tecnos (Madrid, 2022), 360 páxs,

Autor
Antonio Megías Bas
159-166
Palabras chave
Traballo a distancia
Teletraballo
OBSERVATORIO DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA