Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

18-O DEBER DE PRESTAR AUXILIO NO MAR DENDE O PUNTO DE VISTA DO DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 11:28
O DEBER DE PRESTAR AUXILIO NO MAR DENDE O PUNTO DE VISTA DO DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL

Analízase aquí, dende o punto de vista do Dereito español doTraballo e da Seguridade Social, as implicacións laborais e de seguridade social que ten o cumprimento do deber de prestar auxilio a toda persoa que se atope en perigo de desaparecer no mar, tendo en conta que esta análise se efectúa sempre no contexto do Dereito internacional que aquí resulta de aplicación. Trátase dun deber que impacta sobre quen traballa a bordo do buque e tamén sobre a actividade económica da empresa marítimo-pesqueira, razón pola que convén non esquecer que este impacto ten consecuencias innegables (especialmente, cando se trata do rescate de persoas migrantes e refuxiadas), que poden acabar desincentivando as operacións de procura, salvamento e desembarco das persoas rescatadas. Por iso, propóñense algunhas medidas que, máis aló da imposición de sancións, pretenden facilitar e incentivar unha práctica moi nobre e solidaria, que é case tan antiga como a humanidade mesma. 

Autor
Xosé Manuel Carril Vázquez
75-99
Palabras chave
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Persoas migrantes e refuxiadas
Mar
Rescate