Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

18-OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 10:30
OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA

O obxectivo do presente estudo é analizar cales sonasobrigas do empresario que incorpora produtos de traballo ou sistemas de software baseados na intelixencia artificial. Para iso, realízase unha caracterización xenérica destes novos desenvolvementos tecnolóxicos e das oportunidades e retos que formulan en materia preventiva. Posteriormente, descéndese á análise de cales son as obrigas do empresario que incorpora estes novos equipos con fins produtivos, de xestión de recursos humanos ou para o cumprimento das súas obrigas preventivas. Para iso, pártese, en primeiro lugar, da normativa xeral de seguridade dos produtos e da normativa específica sobre sistemas de IA; en segundo lugar, analízanse as obrigas derivadas da normativa de protección de datos cando se introducen equipos dotados con sistemas de IA que implican un tratamento de datos; por último, estúdanse as obrigas específicas en materia de prevención de riscos laborais, profundando nas súas conexións coa nova normativa sobre IA.

Autor
Beatriz Rodríguez Sanz de Galdeano
41-74
Palabras chave
Intelixencia artificial
Seguridade do produto
Obrigas preventivas do empresario
Responsabilidade civil por produtos defectuosos