A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
03-A construción do piar europeo de dereitos sociais. Da proposta Juncker (9.9.2015) á recomendación da Comisión Europea (26.4.2017). Máis Europa social ou reordenación do marco normativo vixente?
O artigo procede ao estudo do Piar Europeo de Dereitos Sociais, dende o seu punto de partida en setembro de 2015 ata a aprobación dunha Recomendación da Comisión Europea en abril de 2017. É obxecto de atención o contido do Piar, que novidades introduce con respecto ao marco normativo europeo vixente en materia de política social. Constátanse as limitacións respecto á ampliación competencial, dada a distribución de competencias que establece a normativa comunitaria entre a Unión e os Estados membro, e ao mesmo tempo sinálanse as novidades soft law que incorpora o Piar.
03-A vulneración do dereito efectivo á non discriminación laboral nas empresas externalizadas
Nos últimos tempos, a contratación externalizada está a transformarse nun mecanismo de redución de custos laborais, aproveitando determinados baleiros na súa regulación. Este artigo analiza a relativa ineficacia do principio de igualdade clásico, en especial na aplicación de convenios colectivos, e explora as vulneracións do principio de non discriminación que poden darse a través do contrato de obra vinculado a contratas e nos despedimentos obxectivos ou colectivos derivados da externalización.
03-Limitacións á incorporación de persoal laboral no sector público. Regras de subrogación e emprego público
A Lei de Orzamentos Xerais incluíu unha limitación que afecta os traballadores daquelas contratas ou concesións que finalizan a súa vixencia ou son rescindidas pola Administración. Nos actuais procesos de reversión, esta norma ten unha incidencia directa tendo en conta que podería significar a limitación -mesmo prohibición- destas decisións. Con todo, a lei admite a aplicación das garantías laborais derivadas da sucesión de empresa. Esta análise expón as claves para interpretar unha norma aparentemente contraditoria, mesmo coa posibilidade de que se cre unha nova figura, a do traballador non empregado público.
03-Dereito individual
Notas sobre as sentenzas máis destacadas en materia de Dereito individual do traballo relacionadas con Galicia no segundo semestre de 2016
03-Dereito colectivo
Comentario de xurisprudencia e doutrina xudicial sobre a temática "Dereito colectivo", correspondente ao segundo semestre de 2016
03-Seguridade Social
Notas sobre as sentenzas máis destacadas en materia de Dereito da Seguridade Social relacionadas con Galicia no segundo semestre de 2016
03-Estado da negociación colectiva en 2016
Balance da negociación colectiva en Galicia no ano 2016
03-El contrato de embarco en la marina mercante
Recensión de Mª.I. Ribes Moreno, El Contrato de embarco en la marina mercante, Tirant lo Blanch (Valencia, 2014), 399 págs.
03-El desplazamiento de trabajadores en el marco de la Unión Europea: presente y futuro
Recensión de O. Fotinopoulou Basurko (dir.), El desplazamiento de trabajadores en el marco de la Unión Europea: presente y futuro, Atelier (Barcelona, 2017)