A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
16-VIOLENCIA SEXUAL, MULLER E TRABALLO
O estudo do acoso sexual no traballo adquire un renovado interese á luz de dous importantes avances normativos. Dunha parte,a Lei orgánica 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual, profunda na protección laboral das traballadoras vítimas de acoso sexual en materia de avaliación de riscos laborais e de dereitos laborais;recoñece a responsabilidade penal das persoas xurídicas polo delito de acoso e amplíao ámbito obxectivo das medidas de prevención, dos chamados protocolos antiacoso. Ademais, esta lei orgánica pretende dar resposta especialmente ás violencias sexuais cometidas no ámbito dixital. Doutra parte, o Convenio 190 da OIT, sobre aeliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo,tamén avanza na protección fronte ao acoso, con especial atención á perspectiva de xénero. Inclúense xunto á persoa traballadora outras persoas no mundo do traballo e a súa protección esténdese a toda violencia e acoso no traballo, no marco de comunicacións realizadas por medio de tecnoloxías da informacióne a comunicación. Ao mesmo tempo, impón aos Estados, entre outras, novas obrigas legais en materia de avaliación de riscos deviolencia e acoso e procedementos de denuncia e solución de conflitos, con garantíasde confidencialidade eindemnidade. O presente estudo proponse reflexionar sobre a delimitación conceptual do acoso sexual, neste novo contexto,e sobre os procedementos preventivos e reparadores obrigatorios para as empresas.
16-O DESCOLGUE DO CONVENIO COLECTIVO
No dereito laboral español, o descolgue (ou inaplicación) das condicións de traballo reguladas nun convenio colectivo estatutario é unha especie de válvula de seguridade encamiñada a evitar que, pola aplicación desas condicións aunha empresa en situación económica negativa ou afectada por causas técnicas, organizativas ou produtivas,se perdan postos de traballo e mesmo se peche a empresa. Este estudo analiza a axitada evolución das normas que regulan odescolgue dos convenios colectivos estatutarios, a súa natureza xurídica e distinción con outras figuras afíns, os convenios colectivos que poden verse afectados, as condicións de traballo que poden verse afectadas e as causas que xustifican a non aplicación, así como o procedemento de negociación para chegar a un acordo de descolgue e os sistemas para resolver o eventual desacordo, e o seu control xudicial.
16-O FONDO SOCIAL EUROPEO E O FOMENTO DA MOBILIDADE DE TRABALLADORES NA UNIÓN EUROPEA: AS BOAS PRÁCTICAS DOS ESTADOS MEMBROS
RESUMO:
A Unión Europea ten o compromiso, entre outros, de crear máis e mellores empregos e de contribuír a unha sociedade máis inclusiva. Este compromiso constitúe o núcleo da estratexia Europa 2020, que persegue xerar un crecemento intelixente, sostible e inclusivo na Unión Europea. Para iso, xoga un papel importante o Fondo Social Europeo á hora de conseguir os obxectivos europeos e mitigar as consecuencias da crise económica, sobre todo o aumento dos niveis de desemprego e pobreza. O presente artigo ten como obxectivo estudar un dos campos de actividade do Fondo Social Europeo como é a mobilidade de traballadores na Unión Europea.
16-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL
Doutrina e xurisprudencia correspondente ao primeiro semestre de 2022.
16-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO
Crónica da doutrina xudicial e xurisprudenza correspondiente ao primeiro semestre de 2022 en materia de dereito colectivo
16-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
Crónica da doutrina xudicial e xurisprudenza correspondente ao primeiro semestre de 2022 en materia de seguridade social.
16-RECENSIÓN DO LIBRO "ESTUDIOS SOBRE LA DOCTRINA DEL TRIBUNAL DE JUSTICIA EN MATERIA DE POLÍTICA SOCIAL"
Recensión do libro "Estudios sobre la doctrina del Tribunal de Justicia en materia de política social", Gárate Castro, J. y Maneiro Vázquez, Y. (Directores). Thomson-Reuters Aranzadi, 295 pp.
16-RECENSIÓN DO LIBRO "ACCIÓN SINDICAL Y RELACIONES COLECTIVAS EN LOS NUEVOS ESCENARIOS LABORALES"
Recensión do libro "Acción sindical y relaciones colectivas en los nuevos escenarios laborales", Argüelles Blanco, Ana Rosa y Fernández Villazón, Luis Antonio (Directores), Thomson Reuters/Aranzadi, 2022, 300 págs.
16-OBSERVATORIO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA 1º SEMESTRE 2022
Observatorio da negociación colectiva en Galicia correspondente ao primeiro semestre de 2022.