No dereito laboral español, o descolgue (ou inaplicación) das condicións de traballo reguladas nun convenio colectivo estatutario é unha especie de válvula de seguridade encamiñada a evitar que, pola aplicación desas condicións aunha empresa en situación económica negativa ou afectada por causas técnicas, organizativas ou produtivas,se perdan postos de traballo e mesmo se peche a empresa. Este estudo analiza a axitada evolución das normas que regulan odescolgue dos convenios colectivos estatutarios, a súa natureza xurídica e distinción con outras figuras afíns, os convenios colectivos que poden verse afectados, as condicións de traballo que poden verse afectadas e as causas que xustifican a non aplicación, así como o procedemento de negociación para chegar a un acordo de descolgue e os sistemas para resolver o eventual desacordo, e o seu control xudicial.
O DESCOLGUE DO CONVENIO COLECTIVO
Autor
José Fernando Lousada Arochena
45-95
Palabras chave
Negociación colectiva
Non aplicación de convenios colectivos