Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 15 (2022)

Enviado o Mér, 27/09/2023 - 13:27

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

TRIBUNA

15-DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA

O presente traballo analiza os diversos problemas que xeran as indemnizacións por danos morais derivadas da vulneración de dereitos fundamentais. Nel estúdase a evolución da doutrina xurisprudencial nesta materia e reflexiónanse sobre as principais consecuencias e problemas xurídicos que suscitan as ditas interpretacións. Cuestións como a automaticidade das indemnizacións nestes casos; a lóxica reparadora que se atopa tras elas; as funcións e disfuncións do recurso á Lei de infraccións e sancións da orde social como baremo substitutorio do réxime tarifario común ou, en fin, os complexos problemas que pode xerar a función preventiva das indemnizacións como danos punitivos escondidos, son obxecto de análise ao longo deste traballo.

Autor
Jesús Mercader Uguina
9-44
Palabras chave
Dereitos Fundamentais
Danos morais
Prudente arbitrio do xulgador
Función reparadora e preventiva das indemnizacións
ARTIGOS

15-DOUS DEREITOS NECESARIAMENTE IRMANDADOS: O DEREITO AO TRABALLO E O DEREITO Á EDUCACIÓN

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
DOUS DEREITOS NECESARIAMENTE IRMANDADOS: O DEREITO AO TRABALLO E O DEREITO Á EDUCACIÓN

Analizamos o dereito á educación como dereito fundamental desde unha perspectiva laboralista, é dicir, como un dereito fundamental inespecífico. A educación como dereito fundamental inespecífico denota precisamente a necesiadde de avanzar no estudo e análise deste dereito á educación das nosas traballadoras e trabajadores na súa concepción como dereito fundamental. A preocupación pola educación, ensino e capacitación das nosas traballadoras e traballadores non é nova. Desde a propia orixe do sistema de produción capitalista, o mundo sindical preocupouse polo "ensino" das persoas traballadoras, como un medio, non só de aprendizaxe, senón de dignificación e progreso social, expondo a necesidade de considerar ao traballador como algo máis dunha mercadoría ao servizo do empresario.

Autor
María José Romero Ródenas
45-64
Palabras chave
Dereito
Traballo
Educación
Dereitos Humanos

15-CONCEPTO DE DISCRIMINACIÓN POR DISCAPACIDADE A NIVEL INTERNACIONAL E EUROPEO

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
CONCEPTO DE DISCRIMINACIÓN POR DISCAPACIDADE A NIVEL INTERNACIONAL E EUROPEO

A protección de personas que contan cunha discapacidade constitúe o reflexo do compromiso cos dereitos humanos a nivel internacional e coa procur adun desenvolvemento económico arraigado no benestar social. Este estudo busca, a partir de fontes xurídicas actualizadas, darlle resposta á delimitación do contido substantivo do cocnepto de discapacidade, con especial referencia á adaptación, e promover a inclusión e protección efectiva deste colectivo.

Autor
Elena Castro Surís
65-110
Palabras chave
Discapacidade
Discriminación por discapacidade
Modelo social
Adaptación
Axustes razoables
OBSERVATORIO XURISPRUDENCIAL

15-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL

Notas sobre as sentenzas galegas máis relevantes en materia de dereito individual do traballo durante o segundo semestre de 2021.

Autor
Lidia Gil Otero
111-121
Palabras chave
Subrogación
Transmisión de empresa
Tempo de traballo
Conciliación
Redución de xornada
Liberdade de Expresión
Dereito a Honra
Vacacións

15-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO

Comentario correspondente ás sentenzas dictadas polo TSX de Galicia durante o 2º semestre de 2021 en materia de Dereito Colectivo.

Autor
Francisca Fernández Prol
123-143
Palabras chave
Dereito do Traballo

15-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Crónica da doutrina xudicial máis relevante dictada polo Tribunal de Xustiza de Galicia en materia de Seguridade Social, correspondente ao 2º semestre de 2021.

Autor
Belén Fernández Docampo
145-167
Palabras chave
Dereito da Seguridade Social
RESEÑAS E RECENSIÓNS

15-RECENSIÓN DO LIBRO "EL IMPACTO DE LA CONCILIACIÓN DE LA VIDA PERSONAL, LABORAL Y FAMILIAR SOBRE EL RÉGIMEN DE ACCIDENTE DE TRABAJO IN ITINERE"

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
RECENSIÓN DO LIBRO "EL IMPACTO DE LA CONCILIACIÓN DE LA VIDA PERSONAL, LABORAL Y FAMILIAR SOBRE EL RÉGIMEN DE ACCIDENTE DE TRABAJO IN ITINERE"

Recensión do libro: VIZCAÍNO RAMOS, I., "El impacto de la conciliación de la vida perosnal, laboral y familiar sobre el régimen de accidente de trabajo in itinere". Atelier (Barcelona, 2021).

Autor
Lidia Gil Otero
175-181
Palabras chave
Conciliación
Accidente de traballo
Accidente in itinere

15-RECENSIÓN DO LIBRO "EL IMPACTO DE LA CONCILIACIÓN DE LA VIDA PERSONAL, LABORAL Y FAMILIAR SOBRE EL RÉGIMEN DE ACCIDENTE DE TRABAJO IN ITINERE"

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 14:44
RECENSIÓN DO LIBRO "EL IMPACTO DE LA CONCILIACIÓN DE LA VIDA PERSONAL, LABORAL Y FAMILIAR SOBRE EL RÉGIMEN DE ACCIDENTE DE TRABAJO IN ITINERE"

Recensión do libro: VIZCAÍNO RAMOS, I., "El impacto de la conciliación de la vida perosnal, laboral y familiar sobre el régimen de accidente de trabajo in itinere". Atelier (Barcelona, 2021).

Autor
Lidia Gil Otero
175-181
Palabras chave
Conciliación
Accidente de traballo
Accidente in itinere
OBSERVATORIO DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA