Analizamos o dereito á educación como dereito fundamental desde unha perspectiva laboralista, é dicir, como un dereito fundamental inespecífico. A educación como dereito fundamental inespecífico denota precisamente a necesiadde de avanzar no estudo e análise deste dereito á educación das nosas traballadoras e trabajadores na súa concepción como dereito fundamental. A preocupación pola educación, ensino e capacitación das nosas traballadoras e traballadores non é nova. Desde a propia orixe do sistema de produción capitalista, o mundo sindical preocupouse polo "ensino" das persoas traballadoras, como un medio, non só de aprendizaxe, senón de dignificación e progreso social, expondo a necesidade de considerar ao traballador como algo máis dunha mercadoría ao servizo do empresario.
DOUS DEREITOS NECESARIAMENTE IRMANDADOS: O DEREITO AO TRABALLO E O DEREITO Á EDUCACIÓN
Autor
María José Romero Ródenas
45-64
Palabras chave
Dereito
Traballo
Educación
Dereitos Humanos