DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA
O presente traballo analiza os diversos problemas que xeran as indemnizacións por danos morais derivadas da vulneración de dereitos fundamentais. Nel estúdase a evolución da doutrina xurisprudencial nesta materia e reflexiónanse sobre as principais consecuencias e problemas xurídicos que suscitan as ditas interpretacións. Cuestións como a automaticidade das indemnizacións nestes casos; a lóxica reparadora que se atopa tras elas; as funcións e disfuncións do recurso á Lei de infraccións e sancións da orde social como baremo substitutorio do réxime tarifario común ou, en fin, os complexos problemas que pode xerar a función preventiva das indemnizacións como danos punitivos escondidos, son obxecto de análise ao longo deste traballo.
Autor
Jesús Mercader Uguina
9-44
Palabras chave
Dereitos Fundamentais
Danos morais
Prudente arbitrio do xulgador
Función reparadora e preventiva das indemnizacións