Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 12 (2021)

Enviado o Mér, 27/09/2023 - 13:37

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

TRIBUNA

12-LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DEREITO DE CRÍTICA DAS PERSOAS TRABALLADORAS: AMEAZAS E OPORTUNIDADES NOS NOVOS ESCENARIOS DA EMPRESA

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DEREITO DE CRÍTICA DAS PERSOAS TRABALLADORAS: AMEAZAS E OPORTUNIDADES NOS NOVOS ESCENARIOS DA EMPRESA

Algo eclipsada polo dereito á protección de datos das persoas traballadoras, a liberdade de expresión no seo das relacións de traballo coñece hoxe, e crecerán no futuro inmediato, novos escenarios de actualidade. Non obstante, non todo son oportunidades de desenvolvemento como un útil dereito de crítica e denuncia (ex. Directiva Whistleblowing) en interese laboral e social, tamén se ve atenazada por barreiras que buscan unha espiral de silencio no seo das empresas. É o caso dos Códigos de conduta éticos que requiren da autorización previa para a comunicación laboral, sobre todo no espazo das redes sociais, sendo avaladas en varios casos pola xurisprudencia. Así mesmo, como ilustra o fallo, aínda que adooptado por unha pírrica maioría, da STC 190/2020, 22 de decembro, tamén a liberdade de expresión laboral veríase recortada por unha concepción expansiva de certos delitos que, como a ultraxe á bandeira, esixen unha despenalización urxente. Este estudo leva a cabo un intento de rencostrucción global do estado da arte interpretativa, así como as posibilidades de futuro dun dereito esencial, sexa para o necesario estatuto de dereitos cívicos laborais socialmente responsables, sexa para unha democracia pluralista.

Autor
Cristobal Molina Navarrete
9-42
Palabras chave
Liberdade de Expresión
Canle de denuncias
Redes sociais
Alerta ambiental laboral
DOUTRINA

12-O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA

Regular o desprazamento dos traballadores do sector do transporte por estrada no seo da Unión Europea non foi precisamente unha cuestión sinxela, nin con probabilidade a norma resultante será fácil de aplicar na práctica. Así, neste traballo tentouse realizar unha aproximación xeral á problemática de dumping social existente no sector a partir da apertura á súa liberalización e que tratou de ser paliada a través da adopción da Directiva 2020/1057, non sen grandes tensións durante o seu proceso de tramitación. A continuación , pretendéronse analizar algúns dos contidos que consideramos centrais e probablemente máis críticos da norma, como é o caso da noción de traballador/condutor desprazado para os efectos da aplicación da lex specialis. Así mesmo, e máis aló destas materias, descríbense -a grandes liñas- a disposicións relativas aos requisitos administrativos, de control e cooperación establecidos naquela que, como é lóxico, aínda deben transpoñerse ao noso ordenamento xurídico interno. É, por tanto, e sen adiantar optimismo ou pesimismo algún, seguro que nun futuro próximo seremos testemuñas e/ou espectadores do maior ou menor éxito da norma con respecto aos obxectivos que a mesma persegue.

Autor
Olga Fotinopoulou Basurko
43-83
Palabras chave
Desprazamento de traballadores
Transporte por estrada
Directiva 2020/1057

12-O RELEVO XENERACIONAL E A DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDADE NA EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO. A PROPÓSITO DA SENTENZA DO TXUE DE 15 DE ABRIL DE 2021

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
O RELEVO XENERACIONAL E A DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDADE NA EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO. A PROPÓSITO DA SENTENZA DO TXUE DE 15 DE ABRIL DE 2021

O relevo xeneracional é un obxectivo da política de emprego que sigue a xustificar a extinción ou o despedimento dos traballadores mais maiores. A propósito da sentenza do TXUE de data 15 de abril de 2021, C-511/19, tras facer referencia ao contexto normativo -nacional, comunitario e internacional-, así como ás resolucions xudiciais do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, alcánzase a conclusión de que a Xurisprudenza do TXUE fai prevalecer a Directiva 2000/78 fronte ós principios xerais da igualdade de trato e non discriminación previstos nos tratados da UE e na CDFUE.

Autor
Isabel Olmos Parés
85-123
Palabras chave
Extinción
Contrato de traballo
Relevo xeneracional
Discriminación por idade
Emprego
OBSERVATORIO XURISPRUDENCIAL

12-DEREITO INDIVIDUAL

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
DEREITO INDIVIDUAL

Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en dereito individual do traballo no 2º semestre de 2020

Autor
Lidia Gil Otero
125-147
Palabras chave
Conciliación
Redución de xornada
Adaptación da xornada
Indefinido non fixo
Despedimento colectivo
Boa fe negocial
Modificación sustancial das condicións de traballo
COVID-19

12-DEREITO COLECTIVO

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
DEREITO COLECTIVO

Crónica das sentenzas dictadas no 2º semestre de 2020

Autor
Francisca Fernández Prol
149-166
Palabras chave
Dereito do Traballo

12-DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Doutrina do TSX en materia de Seguridade Social correspondiente ao 2º semestre de 2020.

Autor
Belén Fernández Docampo
167-187
Palabras chave
Seguridade Social
RESEÑAS E RECENSIÓNS

12-PAZÓ ARGIBAY, J.M., La protección por desempleo en el Derecho de la Unión Europea. Especial atención a la jurisprudencia del Tribunal de Justicia, Cinca, 2020.

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
PAZÓ ARGIBAY, J.M., La protección por desempleo en el Derecho de la Unión Europea. Especial atención a la jurisprudencia del Tribunal de Justicia, Cinca, 2020.

Recensión ao libro PAZÓ ARGIBAY, J. M., La protección por desempleo en el Derecho de la Unión Europea. Especial atención a la jurisprudencia del Tribunal de Justicia, Cinca, 2020, 201 pp.

Autor
Daniel Pérez del Prado
201-205
Palabras chave
Dereito do Traballo
OBSERVATORIO DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA