Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

12-LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DEREITO DE CRÍTICA DAS PERSOAS TRABALLADORAS: AMEAZAS E OPORTUNIDADES NOS NOVOS ESCENARIOS DA EMPRESA

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DEREITO DE CRÍTICA DAS PERSOAS TRABALLADORAS: AMEAZAS E OPORTUNIDADES NOS NOVOS ESCENARIOS DA EMPRESA

Algo eclipsada polo dereito á protección de datos das persoas traballadoras, a liberdade de expresión no seo das relacións de traballo coñece hoxe, e crecerán no futuro inmediato, novos escenarios de actualidade. Non obstante, non todo son oportunidades de desenvolvemento como un útil dereito de crítica e denuncia (ex. Directiva Whistleblowing) en interese laboral e social, tamén se ve atenazada por barreiras que buscan unha espiral de silencio no seo das empresas. É o caso dos Códigos de conduta éticos que requiren da autorización previa para a comunicación laboral, sobre todo no espazo das redes sociais, sendo avaladas en varios casos pola xurisprudencia. Así mesmo, como ilustra o fallo, aínda que adooptado por unha pírrica maioría, da STC 190/2020, 22 de decembro, tamén a liberdade de expresión laboral veríase recortada por unha concepción expansiva de certos delitos que, como a ultraxe á bandeira, esixen unha despenalización urxente. Este estudo leva a cabo un intento de rencostrucción global do estado da arte interpretativa, así como as posibilidades de futuro dun dereito esencial, sexa para o necesario estatuto de dereitos cívicos laborais socialmente responsables, sexa para unha democracia pluralista.

Autor
Cristobal Molina Navarrete
9-42
Palabras chave
Liberdade de Expresión
Canle de denuncias
Redes sociais
Alerta ambiental laboral