Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

12-O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 10:43
O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA

Regular o desprazamento dos traballadores do sector do transporte por estrada no seo da Unión Europea non foi precisamente unha cuestión sinxela, nin con probabilidade a norma resultante será fácil de aplicar na práctica. Así, neste traballo tentouse realizar unha aproximación xeral á problemática de dumping social existente no sector a partir da apertura á súa liberalización e que tratou de ser paliada a través da adopción da Directiva 2020/1057, non sen grandes tensións durante o seu proceso de tramitación. A continuación , pretendéronse analizar algúns dos contidos que consideramos centrais e probablemente máis críticos da norma, como é o caso da noción de traballador/condutor desprazado para os efectos da aplicación da lex specialis. Así mesmo, e máis aló destas materias, descríbense -a grandes liñas- a disposicións relativas aos requisitos administrativos, de control e cooperación establecidos naquela que, como é lóxico, aínda deben transpoñerse ao noso ordenamento xurídico interno. É, por tanto, e sen adiantar optimismo ou pesimismo algún, seguro que nun futuro próximo seremos testemuñas e/ou espectadores do maior ou menor éxito da norma con respecto aos obxectivos que a mesma persegue.

Autor
Olga Fotinopoulou Basurko
43-83
Palabras chave
Desprazamento de traballadores
Transporte por estrada
Directiva 2020/1057