A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
11-MEDIACIÓN: UN CAMBIO DE PARADIGMA NECESARIO PARA A MELLORA DA RELACIÓN LABORAL DENDE A ÓPTICA INDIVIDUAL
O uso dos Mecanismos Alternativos/Alternos de Solución de Conflitos (MASC) – ADR en inglés- consolidouse en todo o espectro internacional como unha política eficaz para que os cidadáns obteñan unha resposta rápida e satisfactoria ás súas disputas.
A eficacia e utilidade destes métodos revélase dende distintas ópticas: a) abaratamento do conflito e do proceso de resolución; b) maior celeridade na obtención da resposta á disputa; c) maior satisfacción para as partes implicadas; d) alivio da carga dos tribunais.
A iso haberán de engadirse ademais algunhas outras que inciden de maneira moi especial naquelas relacións xurídicas que se caracterizan por unha natureza sinalagmática expresada con duración no tempo. Así sucede coa relación laboral nada do contrato de traballo, á que se van dirixir estas reflexións. A diferenza do que ocorre coas obrigas de execución instantánea, o tracto sucesivo do contrato de traballo –unido ao seu carácter persoalísimo (en relación cunha das súas partes)- acrecenta a necesidade da salvagarda da saúde da propia relación e da garantía do seu desenvolvemento pacífico.
11-O TELETRABALLO E AS SÚAS FONTES DE REGULACIÓN. ESPECIAL CONSIDERACIÓN Á AUTONOMÍA COLECTIVA
A presenza física no lugar de traballo non resulta hoxe, nunha gran variedade de ámbitos e sectores, tan imprescindible como o foi hai décadas, pois empresario e traballador poden estar en contacto, en tempo real, a través de múltiples dispositivos que permiten tanto unha realización eficaz da tarefa profesional, como un control suficientemente preciso do seu correcto desenvolvemento, de xeito que a actividade produtiva pode levarse a cabo dende calquera emprazamento. Esta posibilidade de traballo remoto esixe un marco xurídico de ordenación actualizado que se materializou a través do Real decreto-lei 28/2020, do 22 de setembro, onde son moi frecuentes as chamadas á negociación colectiva.
11-A DESCONEXIÓN DIXITAL NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA DE 2020: UNHA ANÁLISE PRÁCTICA
El presente trabajo lleva a cabo un análisis práctico del tratamiento del derecho a la desconexión digital en los convenios colectivos españoles de 2020.
11-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL
Notas sobre as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mais destacadas en dereito individual do traballo no 1º semestre de 2020.
11-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO
Crónica das principais sentencias galegas en materia de dereito colectivo correspondentes ao 1º semestre de 2020.
11-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. SEGURIDADE SOCIAL
Crónica correspondente ás principais sentencias galegas dictadas na materia de seguridade social no 1º semestre de 2020.
11-EL ESTATUTO DEL PERSONAL INVESTIGADOR PREDOCTORAL EN FORMACIÓN: ASPECTOS JURÍDICO-LABORALES Y DE SEGURIDAD SOCIAL
Recensión da obra: El estatuto del personal investigador predoctoral en formación: aspectos jurídico-laborales y de seguridad social, de Josep Moreno Gené, Atelier, 2020.
11-EL RECURSO DE CASACIÓN PARA UNIFICACIÓN DE DOCTRINA EN EL ORDEN SOCIAL DE LA JURISDICCIÓN
Recensión do libro " "El recurso de casación para la unificación de doctrina en el Orden Social de la Jurisdicción", dirixido por Joaquín García Murcia, BOE, Madrid, 2020.
11-OBSERVATORIO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Crónica correspondente á negociación colectiva en Galicia correspondente ao mes de setembro de 2020.