O TELETRABALLO E AS SÚAS FONTES DE REGULACIÓN. ESPECIAL CONSIDERACIÓN Á AUTONOMÍA COLECTIVA
A presenza física no lugar de traballo non resulta hoxe, nunha gran variedade de ámbitos e sectores, tan imprescindible como o foi hai décadas, pois empresario e traballador poden estar en contacto, en tempo real, a través de múltiples dispositivos que permiten tanto unha realización eficaz da tarefa profesional, como un control suficientemente preciso do seu correcto desenvolvemento, de xeito que a actividade produtiva pode levarse a cabo dende calquera emprazamento. Esta posibilidade de traballo remoto esixe un marco xurídico de ordenación actualizado que se materializou a través do Real decreto-lei 28/2020, do 22 de setembro, onde son moi frecuentes as chamadas á negociación colectiva.
Autor
Susana Rodríguez Escanciano
39-104
Palabras chave
Dixitalización
Traballo remoto
COVID-19
Convenio colectivo
Representación dos traballadores