A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
13-A PROBA NO PROCESO LABORAL: ALGÚNS PUNTOS CRÍTICOS RECENTES
O editorial trata algunhas importantes cuestións críticas sobre a proba no proceso laboral, examinando a xurisprudencia sobre a materia, especialmentee a mais recente. Analízase así, a natureza da proba documental do correo electrónico; a repercusión da proba ilícita sobre a cualificación do despedimento; o control empresarial sobre os dispositivos dixitais dos traballadores; a videovixilancia; e a xeolocalización.
13-O ESTATUTO DE REPRESENTANTE E AS SÚAS ADAPTACIÓNS NORMATIVAS: ENTRE O INMOBILISMO E O GALIMATÍAS
O estudo pon de relevo a insuficiente evolución experimentada polas previsións do Titulo II do Estatuto dos traballadores sobre competencias, facilidades e garantías dos representantes do persoal. En especial, apunta as dificultades que provocou que outras disposicións engadisen novas obrigas sen ampliar as ferramentas xurídicas que permitirían desenvolver o labor de representación de maneira máis eficaz.
Examínanse os principais e máis recentes cambios, concentrados nos dereitos de información e consulta, en particular en materia de igualdade entre mulleres e homes, e do uso de algoritmos para a dopción de decisións empresariais.
13-A XENÉTICA SOCIALDEMÓCRATA, SIMPLIFICADORA E TUITIVA DA REGULACIÓN DA FORMA DO DESPEDIMENTO EN ALEMAÑA
A forma do despedimento afecta frontalmente á carga de asuntos dos tribunais laborais, así como á protección dos traballadores. En España, a última reforma da súa regulación tivo carácter flexibilizador, eliminando a calificación de nulidade do despido levado a cabo con defectos formais. En contraste, en Alemaña, con ocasión da última reforma da súa regulación hai xa vinte anos, apostouse por alixeirar a carga de asuntos dos tribunais laborais, reforzando ao mesmo tempo as garantías dos traballadores, ao proscribir a forma electrónica para o despedimento.
13-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL
Notas sobre as sentenzas galegas mais destacadas en materia de dereito individual do traballo durante o primeiro semestre de 2021.
13-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO
Notas sobre as sentenzas galegas mais destacadas en materia de dereito colectivo do traballo no 1º semestre de 2021.
13-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
Notas sobre as setenzas galegas mais destacadas en materia de dereito da seguridade social durante o 1º semestre de 2021.
13-RECENSIÓN DO LIBRO "LECTURAS SOBRE EL DERECHO A LA NEGOCIACIÓN COLECTIVA LABORAL"
Recensión do libro de: GÁRATE CASTRO. J., Lecturas sobre el derecho a la negociación colectiva laboral. Madrid, Cinca, 2021.
13-RECENSIÓN DO LIBRO "LA DESCONEXIÓN DIGITAL EN EL TRABAJO"
Resención do libro: TOSCANI GIMÉNEZ, D., TRUJILLO PONS, F. (Dirs.), La desconexión digital en el trabajo. Cizur Menor, Thomson Reuters - Aranzadi, 2020.
13-RECENSIÓN DO LIBRO "EL IMPACTO SOCIAL DE LA GOBERNANZA ECONÓMICA EUROPEA"
Recensión do libro de PÉREZ DEL PRADO, D., EL IMPACTO SOCIAL DE LA GOBERNANZA ECONÓMICA EUROPEA (Prólogo a cargo de Casas Baamonde, M.E.), Tiranto lo Blanch, 2021, 278 páxinas.
13-RECENSIÓN DO LIBRO: "LOS DERECHOS FUNDAMENTALES ANTE EL CAMBIO DEL TRABAJO AUTÓNOMO EN LA ERA DIGITAL"
Recensión do libro de PAZOS PÉREZ, A., "Los derechos fundamentales ante el cambio del trabajo autónomo en la era digital". Madrid, Thomson-Reuters Aranzadi, 2021.
13-OBSERVATORIO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA 2º SEMESTRE 2021
Crónica correspondiente a la negociación colectiva en Galicia en el 2º semestre de 2021.