A XENÉTICA SOCIALDEMÓCRATA, SIMPLIFICADORA E TUITIVA DA REGULACIÓN DA FORMA DO DESPEDIMENTO EN ALEMAÑA
A forma do despedimento afecta frontalmente á carga de asuntos dos tribunais laborais, así como á protección dos traballadores. En España, a última reforma da súa regulación tivo carácter flexibilizador, eliminando a calificación de nulidade do despido levado a cabo con defectos formais. En contraste, en Alemaña, con ocasión da última reforma da súa regulación hai xa vinte anos, apostouse por alixeirar a carga de asuntos dos tribunais laborais, reforzando ao mesmo tempo as garantías dos traballadores, ao proscribir a forma electrónica para o despedimento.
Autor
Alberto Arufe Varela
59-80
Palabras chave
Alemaña
Contrato de traballo
Dereito Comparado
Despedimento
Forma electrónica