Nos espazos laborais resulta especialmente necesaria a adopción de medidas dirixidas a garantir a igualdade de trato e non discriminación, a liberdade sexual e a integridade física e moral, tal e como poñen de manifesto as últimas novidades normativas (Lei orgánica 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual, e Lei 15/2022, integral para a igualdade de trato e non discriminación), así como o Convenio 190 da OIT sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo, recentemente ratificado por España.
Neste contexto, o Consello Galego de Relacións Laborais achega o «Protocolo contra o acoso sexual e laboral por razón de sexo e identidade nos centros de traballo», froito do esforzo das organizacións integrantes da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva e que ten como finalidade ofrecer unha ferramenta útil co valor engadido de que conta co imprescindible consenso nunha materia que require tanto coñecementos de carácter técnico como tamén gran sensibilidade na súa aplicación posterior.
Continúan en Vigo o vindeiro 10 de novembro as xornadas promovidas polo Consello Galego de Relacións Laborais para a difusión deste Protocolo que terán continuidade no resto das provincias galegas.
Pode consultarse máis información sobre estas xornadas na seguinte ligazón: xornadas sobre violencia e acosoEn los espacios laborales resulta especialmente necesaria la adopción de medidas dirigidas a garantizar la igualdad de trato y no discriminación, la libertad sexual y la integridad física y moral, tal y como ponen de manifiesto las últimas novedades normativas (Ley orgánica 10/2022, de garantía integral da libertad sexual, y Ley 15/2022, integral para la igualdad de trato y no discriminación), así como el Convenio 190 de la OIT sobre la eliminación de la violencia y el acoso en el mundo del trabajo, recientemente ratificado por España.
En este contexto, el Consello Galego de Relacións Laborais presenta el «Protocolo contra o acoso sexual e laboral por razón de sexo e identidade nos centros de traballo», fruto del esfuerzo de las organizaciones integrantes de la Comisión Consultiva Autonómica para la Igualdad entre Mujeres y Hombres en la Negociación Colectiva y que tiene como finalidad ofrecer una herramienta útil con el valor añadido de que cuenta con el imprescindible consenso en una materia que requiere tanto conocimientos de carácter técnico como también gran sensibilidad en su aplicación posterior.
Continúan en Vigo el próximo 10 de noviembre las jornadas promovidas por el Consello Galego de Relacións Laborais para la difusión de este Protocolo que tendrán continuidad en el resto de las provincias gallegas.
Puede consultarse más información sobre estas jornadas en el siguiente enlace: xornadas sobre violencia e acoso