Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

19 - A ASISTENCIA PERSOAL: UNHA PROPOSTA Á LUZ DOS POSTULADOS DO MOVEMENTO DE VIDA INDEPENDENTE

Enviado o Mar, 16/01/2024 - 12:46
A ASISTENCIA PERSOAL: UNHA PROPOSTA Á LUZ DOS POSTULADOS DO MOVEMENTO DE VIDA INDEPENDENTE

O obxecto deste traballo é analizar como se foi implementando a figura do asistente persoal no noso ordenamiento xurídico. A Convención de dereitos e liberdades de personas con discapacidade no ámbito internacional e a Lei 39/2006, de promoción da autonomía persoal e protección á dependencia, no ámbito nacional inclúen a filosofía do Movemento de Vida Independente para abordar a discapacidade, así como a dependencia. O noso ordenamiento xurídico prevé a posibilidade de cofinanciar a contratación de asistencia persoal a través dunha prestación de carácter económico e ata o mnomento son maioritarios os estudos nos que o obxecto de análise é o réxime xurídico da devandita prestación e como se foi desenvolvendo nas diferentes comuinidades autónomas. Ao longo das seguintes páxinas analizarase, en cambio, outro aspecto ata o de agora menos estudado cal é a relación xurídica que se establece entre quen presta o serzo de asistencia e quen o recibe. É preciso cualificar dita relación porque diso dependerán os dereitos e obrigacións susceptibles de ser esixidas ás partes e tamén o é analizar se as fórmulas coas que contamos están aliñadas cos postulados do Movemento de Vida Indpendente e en consecuencia coa idea de autonomía persoal.

Autor
Ángeles Ceinos Suárez
33-87
Palabras chave
Asistencia persoal
Dependencia
Discapacidade
Movemento de Vida Independente