Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 17 (2023): Extraordinario: Mobilidade transnacional e internacional das persoas traballadoras

Enviado o Mér, 27/09/2023 - 12:22

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

PRESENTACIÓN
ARTIGOS

17-DESPRAZAMENTOS TEMPORAIS NO MARCO DUNHA PRESTACIÓN DE SERVICIOS TRANSNACIONAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:43
DESPRAZAMENTOS TEMPORAIS NO MARCO DUNHA PRESTACIÓN DE SERVICIOS TRANSNACIONAL

Este traballo ten como obxectivo investigar acerca dos desprazamentos temporais no marco dunha prestación de servizos transnacional, unha realidade da sociedade globalizada, que vén expondo diversas cuestións en materia de recoñecementos de condicións de traballo en igualdade, dentro do gran mercado de traballo que supón a Unión Europea. Analízase a Directiva 96/71/CE e a súa transposición á regulación española a través da Lei 45/1999. A libre circulación de persoas recoñecida no Tratado de Funcionamento da Unión Europea, representa unha necesidade de protección necesaria das condicións de traballo dos traballadores transnacionais, para que leven a cabo baixo principios de non discriminación, e de igualdade. En primeiro lugar, se contextualiza e estúdase a regulación da situación legal na Unión Europea e en España, así como, as normativas de desenvolvemento. Tamén, analízase as últimas reformas operadas en España e como inciden no movemento transnacional de traballadores, o cal é o obxectivo principal do traballo. As novas normativas expoñen novas cuestións en diferentes materias como son o transporte, o dumping social, as empresas de traballo temporal ou a contratación ou subcontratación de traballadores. Por último analizaremos algunhas sentenzas do TJUE ao redor das condicións de traballo dos transnacionais.

Autor
Asunción López Arranz
13-55
Palabras chave
Desprazamentos
Traballadores Transnacionais
Igualdade
Condicións de Traballo

17-TRABALLADORES FRONTEIRIZOS: PARTICULARIDADES NO MARCO DA UNIÓN EUROPEA

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:43

O presente estudo pretende afondar na situación dos cidadáns fronteirizos da UE que residen nun Estado membro e trasládanse para desempeñar un traballo por conta allea a outro Estado. Analízanse problemas contextuais e conceptuais, de foro competente e lei aplicable ao contrato de traballo. E, de forma máis exhaustiva, a través da xurisprudencia do TJUE, abórdanse algúns dos obstáculos á súa libre circulación, fundamentalmente diferenzas de trato baseados en criterios de residencia en vantaxes sociais e prestacións da Seguridade Social.

Autor
Marta Fernández Prieto
57-111
Palabras chave
Traballador fronteirizo e transfronteirizo
Foro competente
Lei aplicable ao contrato de traballo
Vantaxes sociais
Igualdade de trato
Prestacións de Seguridade Social

17-DIXITALIZACION E INTERNACIONALIZACIÓN DAS RELACIÓNS DE TRABALLO: O TELETRABALLO TRANSNACIONAL E INTERNACIONAL

Enviado o Mér, 20/09/2023 - 12:43
DIXITALIZACION E INTERNACIONALIZACIÓN DAS RELACIÓNS DE TRABALLO: O TELETRABALLO TRANSNACIONAL E INTERNACIONAL

O teletraballo é o sistema de traballo polo que se prestan servizos retribuídos e por conta allea no lugar elixido polo traballador. Cando a este sistema engádeselle un elemento internacional, pasa a denominarse traballo transnacional. Este elemento internacional require que se realice a determinación da lexislación, o foro e o sistema de seguridade social aplicable a estes traballadores.

Autor
Lidia de la Iglesia Aza
113-160
Palabras chave
Teletraballo
Transnacional
Foro