Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Número 14: (2022): Extraordinario: Reforma laboral 2021

Enviado o Mér, 27/09/2023 - 13:35

A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Táboa de contidos

ARTIGOS

14-A REFORMA LABORAL DE 2021 EN MATERIA DE CONTRATACIÓN INDIVIDUAL. UNHA VISIÓN CRÍTICA

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 09:31
A REFORMA LABORAL DE 2021 EN MATERIA DE CONTRATACIÓN INDIVIDUAL. UNHA VISIÓN CRÍTICA

Neste traballo analízase a flagrante inconstitucionalidade (sexa directa, sexa per relationem) da regulación da contratación individual laboral efectuada polo Real Decreto-Lei 32/2021. Un dos seus puntos críticos refírese á aparente desaparición do contrato de obra ou servizo determinado, razoando que se trata dunha aparencia que engana. Conclúe, con cita de autoridades, mantendo que unha reforma deste tipo esixiría sumar os máis amplos consensos políticos e sociais, o que só se pode acadar en sede parlamentaria.

Autor
Jesús Martínez Girón
Alberto Arufe Varela
9-29
Palabras chave
Contratación laboral individual
Inconstitucionalidade
Falso TRADE
Obra ou servizo determinado
Reforma laboral de 2021

14-OS RECENTES CAMBIOS DO RÉXIMEN LABORAL DA SUBCONTRATACIÓN E, OBITER DICTA, ALGUNHAS BREVES REFERENCIAS ÁS MOITAS MATERIAS PENDENTES

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 09:31
OS RECENTES CAMBIOS DO RÉXIMEN LABORAL DA SUBCONTRATACIÓN E, OBITER DICTA, ALGUNHAS BREVES REFERENCIAS ÁS MOITAS MATERIAS PENDENTES

Sométense a exame os cambios que introduce a Real Decreto-lei 32/2021 en materia de subcontratación, os cales son de relativa importancia e non satisfán a modernización da subcontratación á que se refire aquel, na súa exposición de motivos. Ningún deles contribúe, en rigor, ao avance en «a responsabilidade das empresas contratistas ou subcontratistas» que propugna o punto III da referida exposición de motivos. O réxime xurídico-laboral da subcontratación segue estando obsoleto e necesitado dunha reforma técnico-xurídica de moito máis calado. O que se presenta como cambio «estrela», relativo á determinación do convenio colectivo aplicable aos traballadores destinados á execución dos encargos obxecto de descentralización, non garante a cabal  observancia do principio de igualdade de trato de tales traballadores en relación cos traballadores da empresa cliente ou principal. En rigor, limítase a validar os criterios seguidos ata o de agora pola doutrina do Tribunal Supremo.

Autor
Javier Gárate Castro
31-54
Palabras chave
Contrato de traballo de fixos-discontinuos
Contrato de traballo por circunstancias da produción
Descentralización productiva
Determinación do convenio colectivo aplicable
Subcontratación

14-A METAMORFOSE DOS MECANISMOS DE SUSPENSIÓN DO CONTRATO E REDUCIÓN TEMPORAL DA XORNADA NA REFORMA LABORAL DE 2021

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 09:31
A METAMORFOSE DOS MECANISMOS DE SUSPENSIÓN DO CONTRATO E REDUCIÓN TEMPORAL DA XORNADA NA REFORMA LABORAL DE 2021

O mantemento do emprego en épocas desfavorables constitúe un dos grandes retos do mercado de traballo español. Tradicionalmente, as sucesivas crises xeraron destrucións de emprego masivas e abocaron a inmensas cohortes de persoas traballadoras á situación de desemprego. A experiencia da pandemia producida pola COVID-19 enviou unha mensaxe de esperanza, pois foi posible conter o emprego mediante sistemas mellor organizados de suspensión do contrato e redución de xornada. Con esa experiencia, a reforma do 2021 modificou a regulación das ditas medidas adoptadas por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción ou de forza maior mediante unhas regras máis ambiciosas e arrodeadas de instrumentos de protección das persoas e das empresas afectadas. Ademáis, se introduciu un mecanismo novidoso, chamado “Mecanismo REDE”, no que se confire un gran protagonismo á autoridade gobernativa e á administración laboral para que as empresas afectadas por crises económicas cíclicas ou por retos de transformacións sectoriais poidan acollererse a tales medidas. Neste artigo se valora criticamente a nova normativa, resaltando as súas fortalezas e debilidades.

Autor
Jaime Cabeza Pereiro
55-111
Palabras chave
ERTE
Forza maior
Suspensión do contrato de traballo
Redución de xornada

14-O RETROCESO DO CRITERIO DE PRIORIDADE APLICATIVA DO CONVENIO DE EMPRESA E ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 09:31
O RETROCESO DO CRITERIO DE PRIORIDADE APLICATIVA DO CONVENIO DE EMPRESA E ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS

A reforma levada a cabo polo Real Decreto-Lei 32/2021 supuxo un importante cambio con respecto á prioridade aplicativa dos convenios colectivos e a aplicación do criterio da ultraactividad. Esta reforma derroga á anterior do ano 2012 nos aspectos mencionados. En primeiro lugar, establécese a prevalencia do convenio sectorial sobre o convenio de empresa en materia salarial e, en segundo lugar, retómase a aplicación da ultraactividad ilimitada dos convenios colectivos. Ambas as reformas pódense cualificar de positivas, proteccionistas e que conlevan o fortalecemento da negociación colectiva. Con todo, é necesario realizar algunhas matizacións porque a reforma non elimina totalmente a prioridade aplicativa do convenio de empresa, xa que conserva a súa esencia en materias moi significativas. Así mesmo, tamén se analiza o importante réxime transitorio da reforma e o incentivo do uso dos mecanismos de mediación e arbitraxe.

Autor
Alex Pazos Pérez
113-144
Palabras chave
Prioridade aplicativa
Convenio colectivo
Ultraactividade