A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
10-TUTELA DA SEGURIDADE E SAÚDE E TEMPO DE TRABALLO: Á PROPÓSITO DA STXUE DO 14 DE MAIO DE 2019
A recente STXUE do 14 de maio de 2019 contén unha doutrina interesante e nova que entronca tres aspectos fundamentais na xestión da relación laboral na empresa e na propia configuración dalgúns dereitos dos traballadores. A saber, a significación do dereito á seguridade e saúde no traballo, ás condicións non materiais do mesmo e á ordenación do tempo, especialmente da xornada e o seu control. Ten oportunidade así o TXUE de volver interpretar a significación e o alcance de importantes directivas que regulan estas materias como a Directiva Marco 89/391, do 12 de xuño, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da saúde dos traballadores no traballo e a Directiva 2003/88, do 4 de novembro, relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo principalmente, así como a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea (denominada a Carta).
10-TRABALLO A TEMPO PARCIAL E SEGURIDADE SOCIAL. A PROPÓSITO DA SENTENZA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL 91/2019, DE 3 DE XULLO DE 2019
O binomio traballo a tempo parcial e Seguridade Social presentou tradicionalmente unha marcada complexidade. En relación aos principios de contributividade, proporcionalidade e equidade do Sistema de Seguridade Social, foron varios os intentos de ordenación no noso ordenamento xurídico. Hoxe, de novo, reformulados por mor da Sentenza do TC 91/2019, que orientan as reflexións e propostas ponderadas de futuro, mitigando o factor de parcialidade e adoptando unha medida compensatoria e non pensionable para quen o salario da parcialidade non constituíse a súa fonte principal de subsistencia.
10-A INFLUENCIA “COMUNITARIA” NA CONFIGURACIÓN “INTERNA” DO DEREITO ÁS VACACIÓNS ANUAIS RETRIBUÍDAS
O dereito ás vacacións anuais constitúe unha materia que foi obxecto de tratamento doutrinal en numerosas ocasións. Por esta razón, podería parecer que o interese polo seu estudo resulta limitado; con todo, de maneira cíclica, aparecen novas perspectivas de análises que volven situar esta institución no foco de atención dos laboralistas. Iso sucede especialmente con ocasión da xurisprudencia comunitaria na materia, así como coa súa recepción polo TS. Así as cousas, este traballo ten por obxectivo analizar como repercutiu o labor normativo e xurisprudencial efectuada desde as institucións comunitarias na configuración interna do dereito ás vacacións e, de maneira máis concreta, en que materias coadxuvou a revitalizar o interese por estas.
10-DEREITO INDIVIDUAL
Notas sobre as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do Tribunal Supremo y do Tribunal de Xustiza mais destacadas en Dereito individual do traballo relacionadas con Galicia no segundo semestre de 2019.
10-DEREITO COLECTIVO
Crónica da doutrina mais destacada do TSX de Galicia en materia de Dereito Colectivo correspondente ao 2º semestre de 2019.
10-DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
Doutrina xurisprudencial do TSX de Galicia en materia de Seguridade Social dictada no segundo semestre de 2019.
10-EL SEGURO SOCIAL DE DEPENDENCIA EN ALEMANIA. UN COMENTARIO DEL LIBRO XI DEL CÓDIGO ALEMÁN DE SEGURIDAD SOCIAL CON SU TRADUCCIÓN ÍNTEGRA AL ESPAÑOL
Recensión do libro: "El seguro social de dependencia en Alemania. Un comentario del Libro XI del Código alemán de seguridad social con su traducción íntegra al español", Atelier, 2019.
10-EL ÁMBITO DEL TRABAJO SUBORDINADO Y DEL TRABAJO AUTÓNOMO EN EL DERECHO DE LA UNIÓN EUROPEA
Recensión da obra: El ámbito del trabajo subordinado y del trabajoa autónomo en el Derecho de la Unión Europea, de Jaime Cabeza Pereiro, Bomarzo, 2020.
10-THE SOURCES OF LABOUR LAW
Os cambios experimentados na economía, política e sociedade foron tan profundos e vertixinosos que, inevitablemente repercutiron na regulación do Dereito do Traballo, máis concretamente, no seu sistema de fontes. O estudo elaborado por diferentes autores de todo o mundo, coordinados por Tamás Gyulavári e Emanuele Menegatti, sobre a evolución das fontes do Dereito do Traballo nos distinos países e ordenamentos xurídicos, ten como resultado unha magnífica obra de imprescindible análise para aqueles xuristas que desexen realizar un estudo de dereito comparado ou examinar as fontes do dereito dun determinado país. O exame das diferenzas e similitudes entre os países pertencentes ao common law e ao civil law, entre as súas fontes do Dereito e a evolución das mesmas ao longo da Historia, permiten aos autores extraer unha serie de conclusións que redundan nunha tendencia xeneralizada en todo o planeta liderada por distintos sectores da política e da economía, que pretende unha maior flexibilización desta rama do ordenamento xurídico en detrimento de os dereitos dos traballadores.
10-ESTADO DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA: XUÑO 2020.
Balance da negociación colectiva en Galicia no mes de xuño de 2020