Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

10-TUTELA DA SEGURIDADE E SAÚDE E TEMPO DE TRABALLO: Á PROPÓSITO DA STXUE DO 14 DE MAIO DE 2019

Enviado o Xov, 21/09/2023 - 13:43
TUTELA DA SEGURIDADE E SAÚDE E TEMPO DE TRABALLO: Á PROPÓSITO DA STXUE DO 14 DE MAIO DE 2019

A recente STXUE do 14 de maio de 2019 contén unha doutrina interesante e nova que entronca tres aspectos fundamentais na xestión da relación laboral na empresa e na propia configuración dalgúns dereitos dos traballadores. A saber, a significación do dereito á seguridade e saúde no traballo, ás condicións non materiais do mesmo e á ordenación do tempo, especialmente da xornada e o seu control. Ten oportunidade así o TXUE de volver interpretar a significación e o alcance de importantes directivas que regulan estas materias como a Directiva Marco 89/391, do 12 de xuño, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da saúde dos traballadores no traballo e a Directiva 2003/88, do 4 de novembro, relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo principalmente, así como a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea (denominada a Carta).

Autor
Juan García Blasco
9-17
Palabras chave
Seguridade e saúde
Tempo de traballo
Tribunal de Xustiza