Inauguración do Curso Superior de Relacións Laborais.
O Pleno do Consello de Relacións Laborais acordou, segundo o procedemento previsto na Lei 5/2008, do 23 de maio (DOG do 11 de xuño de 2008), pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, impulsar a celebración dun Curso Superior de Relacións Laborais co obxecto de afondar e promover as actividades docentes directamente relacionadas co mundo laboral e a formación e a especialización de profesionais nesta materia, e para isto solicitar á Universidade de Santiago de Compostela a súa colaboración para o referido Curso.
O Curso diríxese ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito; ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais; e a quen desempeñe tarefas de xestión de recursos humanos, se ben poderase autorizar a asistencia doutras persoas con titulación nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso.
Encoméndase a dirección do CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a don Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
O Curso celebrarase do 20 de novembro de 2009 ao 4 de xuño de 2010.
Para un óptimo aproveitamento das ensinanzas a impartir establécese un límite de 75 alumnos.
Establécese como dereito de matrícula para o CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a cantidade de mil douscentos noventa e dous euros con dezaoito céntimos (1.292,18 ) por alumno/a que serán aboadas en concepto de liquidación.
Para más información, contactar co Consello Galego de Relacións Laborais, teléfono 981 95 74 89, ou na seguinte dirección de correo electrónico: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
O alumnado deberá formalizar a matrícula entre o 23 de outubro e o 20 de novembro na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de
Compostela) mediante modelo normalizado
(http://www.usc.es/cptf/Postgrado/Documentos/P11-MatriculaPosgrao.doc) e aboarán o importe de matrícula que corresponda coa folla de liquidación de prezos públicos
facilitada pola Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua no momento de formalizar a matrícula.