Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada XXV ANIVERSARIO DO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

O Consello Galego de Relacións Laborais, con motivo do seu XXV aniversario, organiza a xornada “25 anos de traballo en prol das relacións laborais”.

Esta terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia e nela intervirán D. Carlos Domenech de Aspe, D. Emilio Fernández de Mata e D. Javier Gárate Castro falando dos 25 anos de relacións laborais en Galicia.

A continuación falarán sobre as perspectivas de futuro das relacións laborais o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e os secretarios xerais dos sindicatos UGT-Galicia, SN de CCOO de Galicia e CIG.

A conselleira de Traballo e Benestar clausurará a xornada.

Data: 12 de decembro 2013.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura. Gaiás. Santiago de Compostela.

As persoas interesadas en asistir á referida Xornada, poderán inscribirse no seguinte enderezo:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es