O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada que xorde cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.
Nesta xornada analizaranse e debateranse os efectos das últimas reformas laborais trala aprobación do RD Lei 10/2011 de medidas urxentes de promoción do emprego, fomento da estabilidade e recualificación profesional e que vén a afondar na senda da Lei 35/2010, da reforma da Seguridade Social ou da reforma da negociación colectiva.
É dabondo con estas reformas?, é excesivo?, servirá para saír da crise?, mellora ou empeora a realidade laboral?, hai fundamento para tanto decreto lei?. Estas e outras cuestións serán abordadas sen dúbida ao longo desta xornada, que pretende ter un enfoque práctico, realista e exhaustivo, por representantes de quen van ser elementos capitais na súa aplicación: Os axentes sociais, a doutrina, a Xudicatura e a Inspección de Traballo.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, avogados/as, profesionais vencellados coa materia e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Lugar: Hotel Attica21 Rúa Enrique Mariñas, 34 A Coruña.
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 20 ao 30 de setembro de 2011, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
r/ José Bugallal y Marchesí, A 5-1º. A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org