Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada na Coruña sobre A REFORMA LABORAL 2012

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle a recente reforma laboral.

Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións como a pretendida contribución desta reforma á reducción do desemprego, á mellora da produtividade e a corrixir a dualidade do mercado laboral ou se esta será un elemento decisivo na recuperación da nosa economía, estas e outras moitas cuestións serán abordadas por parte de representantes dos que van ser elementos capitais na súa aplicación: os axentes sociais, a doutrina, a xudicatura e a inspección de traballo.

Non cabe dúbida que a reforma do mercado de traballo condicionará dun xeito moi notable o devir das relacións laborais dos vindeiros anos polo que cómpre que sexa analizada con detalle.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Lugar: Hotel Attica21. Rúa Enrique Mariñas, 34 – A Coruña.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 12 ao 20 de marzo de 2012, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa José Bugallal y Marchesí, A5-1º
15008 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org