Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada Inaugural do XXV Curso Superior de Relacións Laborais

O vindeiro 9 de xaneiro de 2015, na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela terá lugar a inauguración dunha nova edición, a vixésimoquinta, do Curso Superior de Relacións Laborais, Este Curso de Posgrao, organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela, e dirixido polo Catedrático de Dereito do Traballo da Facultade de Dereito da USC, D. Javier Gárate Castro, diríxese de xeito principal ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito, ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais e a quen desempeñe tarefas de xestión de Recursos Humanos, e constitúe unha ferramenta moi valiosa na procura dunha maior formación nas distintas facetas do mundo laboral, nos refiramos á xestión dos recursos humanos dentro da empresa, á negociación colectiva, a indagar máis no coñecemento doutros aspectos básicos como a función inspectora, a Seguridade Social, as últimas novidades na xurisprudencia, e outras.