Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Vigo sobre "Novas e tendencias laborais e de negociación colectiva"

O Consello Galego de Relacións Laborais, a Universidade de Vigo, materializada no departamento de Dereito do Traballo desa Universidade e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, organizan unha xornada sobre “Novas e tendencias laboráis e de negociación colectiva” na que se analizará con detalle os cambios que tense producido nestes últimos anos, principalmente as distintas reformas laborais e de Seguridade Social, (a de maior calado coa Lei 3/2012, lei cuxo contido pode supoñer, nalgúns casos, que estamos ante unha ruptura do modelo de relacións laboráis). Cambios como a nova regulación do período de proba, cuxa duración é obxecto de debate, ou a regulación da inaplicación na empresa dos convenios colectivos aplicables ou mesmo a arbitraxe obrigatoria, etc.

Estas e outras cuestión serán analizados esmiuzamente e debatidos ao longo desta xornada e a elas tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais e cunha finalidade de posta ao día respecto de aspectos da contratación que son cruciais e de plena actualidade.

Esta xornada diríxese aos axentes sociais galegos, ao alumnado da Universidade de Vigo, aos graduados/as sociais, aos avogados/as, aos profesionais vencellados coa materia, ás empresas e traballadores/as da zona franca de Vigo e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: 11 de decembro de 2014

Horario: de 16:00 h. a 21:00 h.

Lugar: Auditorio do Museo do Mar de Galicia – Avenida Atlántida, 160 - VIGO.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 20 de novembro ao 9 de decembro de 2014, nos seguintes lugares:

Consello Galego de Relacións Laborais
Tfno. 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Universidade de Vigo
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Campus As Lagoas, s/n. Vigo.
Tfno.: 986 818 794
e-mail: alexpazos@uvigo.es