Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Vigo sobre A NOVA LEI DA XURISDICIÓN SOCIAL E O AGA DE CONFLITOS INDIVIDUAIS

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle a recente reforma laboral e o AGA de conflitos individuais.

Despois da aprobación do RD Lei 10/2011 de medidas urxentes de promoción do emprego, fomento da estabilidade e recualificación profesional que vén a afondar na senda da Lei 35/2010, da reforma da Seguridade Social ou da reforma da negociación colectiva, o 10 de outubro aprobouse a Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social, que persigue dotar aos órganos xudiciais de instrumentos que axilicen os procesos de resolución de controversias e dea maior seguridade xurídica ao mercado laboral, pero o certo é que vai condicionar dun xeito moi notable o devir das relacións laborais dos vindeiros anos, e como tal, resulta oportuno e axeitado analizala con detalle.

Por outra banda, e logo de moitos anos, o pleno do Consello Galego de Relacións Laborais vén de acordar un texto regulador de solución extraxudicial de conflitos individuais en Galicia. Nun contexto de contración orzamentaria e coas dificultades da posta en marcha lóxicas, non debería de dilatarse máis aló do comezo do ano 2013, traballándose nesta liña ao longo do 2012.

Estas e outras cuestións serán analizadas e debatidas ao longo desta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública.

A celebración desta xornada é froito da colaboración entre o Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Vigo, materializada no departamento de Dereito do Traballo desa Universidade, colaboración moi fluída e exitosa nos últimos anos.

As xornadas están dirixidas particularmente a organizacións sindicais e empresariais galegas, ao alumnado da Universidade de Vigo, graduados/as sociais, avogados/as, profesionais vencellados coa materia a debate e persoas interesadas nesta.

Lugar: Hotel Tryp Los Galeones – Avda. de Madrid, 21 - Vigo)

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 16 ao 30 de novembro de 2011, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

Universidade de Vigo
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Campus As Lagoas - Vigo
Tfno.: 986 813 769
e-mail: emmarodriguez@uvigo.es