Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Santiago de Compostela sobre NOVIDADES PROCESUAIS E LABORAIS LOGO DA REFORMA LABORAL

Transcorrido un ano desde a última reforma laboral, a realidade cotiá amosa unha casuística moi diversa que comeza a chegar aos tribunais. Estes cambios formulan novos problemas e obrigas de aplicación práctica e de dereito transitivo que cómpre analizar esmiuzamente.

Cuestións como as vencelladas á extinción dos contratos de traballo, á flexibilidade interna e clasificación profesional ou mesmo á ultraactividade dos convenios colectivos, atopanse nestes intres de plena vixencia e actualidade.

A presente xornada é froito dunha fructífera relación entre o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Xeral do Poder Xudicial, colaboración que agardamos se materialice e se intensifique no futuro.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Xeral do Poder Xudicial diríxese aos xuíces do social, membros dos gabinetes xurídicos das organización sindicais e empresariais e membros do pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Lugar: Sala de Plenos do CES. Rúa Algalia de Abaixo, 24. Santiago de Compostela.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo do 22 de marzo ao 5 de abril no Consello Galego de Relacións Laborais.

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es