O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais puxo en marcha a Comisión consultiva autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva, prevista na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para o asesoramento, control e promoción da igualdade por razón de xénero na negociación colectiva galega.
Esta Comisión acordou a celebración desta Xornada cun dobre obxectivo: presentar e difundir as funcións da Comisión e analizar a evolución da igualdade por razón de xénero na negociación colectiva galega, dando conta de exemplos prácticos de negociación dun plan de igualdade e do papel neste proceso de negociación da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
A xornada diríxese aos/ás interlocutores sociais galegos/as, avogados/as, graduados/as sociais, profesionais vencellados/as coa materia e persoas interesadas en xeral.
Número de prazas: Prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude, ata completar o aforo, en horas de 10 a 14, desde o 24 de novembro ao 1 de decembro, no Consello Galego de Relacións Laborais. R/ Algalia de Abaixo, 24; Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 74 89.