Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Santiago de Compostela sobre A ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS A DEBATE: ANÁLISE DO EFECTO 8 DE XULLO

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se pretende a análise e reflexión sobre a incidencia da reforma laboral no mantemento da ultraactividade dos convenios colectivos e os conflitos asociados á negociación colectiva como consecuencia da perda de esta.

A relatora desta xornada será Carolina Martínez Moreno, catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Oviedo, que foi presidenta da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos.

Día: Venres, 14 de xuño.

Hora: 11.30 h.

Lugar: Sala de Plenos do CES – Algalia de Abaixo, 24 – 1º andar. Santiago de Compostela.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 29 de maio ao 13 de xuño de 2013, no seguinte enderezo:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es