O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle a recente reforma do sistema de seguridade social.
Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións sobre esta reforma desde un enfoque práctico, realista e exhaustivo, recollendo unha primeira visión da doutrina iuslaboralista, dos axentes sociais e da propia seguridade social e inspección de traballo.
Non cabe dúbida que o sistema de seguridade social constitúe un elemento básico do estado do benestar que interesa mellorar, fortalecer e garantir de cara ao futuro e que esta reforma esperta unha preocupación e un gran interese no conxunto da cidadanía, polo que esta xornada organízase cunha vocación de utilidade pública e vai dirixida non só a profesionais do dereito, ás organizacións sindicais e empresariais, senón que abrangue a todos aqueles con interese no futuro e na pervivencia do sistema da seguridade social.
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 16 ao 25 de febreiro de 2011, no seguinte enderezo:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es