O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada co obxectivo de analizar, por un lado, os avances da igualdade no mundo laboral tras a publicación da Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral e, por outro, os avances na implantación dos plans de igualdade nas empresas de Galicia.
Esta xornada realízase conforme á proposta da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva, adscrita organicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais.
Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións como se a recente reforma laboral contribúe a aumentar a participación das mulleres no mercado de traballo e a avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes, sobre cómo teñen que facer as empresas para conseguir a cualificación de Marca Galega de Excelencia en Igualdade ou sobre cal é a visión das organizacións sindicais e empresarial máis representativas en Galicia da igualdade no emprego e nas relacións laborais despois da recente reforma
A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais e cunha finalidade de posta ao día respecto dun tema tan de actualidade como: Os avances en materia de igualdade de xénero nas relacións laborais.
Lugar: Salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA r/ San Lázaro, nº 107. Santiago de Compostela.
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 1 ao 16 de outubro de 2012, no seguinte enderezo:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es